Mundo

O ensino de linguas indíxenas será obrigatorio en Chile a partir do vindeiro ano

O Ministerio de Educación decidiu que a partir do próximo ano será obrigatorio o ensino das linguas indíxenas de Chile en 331 escolas de sete rexións do país, que conten con, polo menos, o 20 por cento dos seus alumnos quechuas, aimarás, rapanui ou mapuche.

Fonte: AnsaLatina.com

Parlamentarios franceses exercen presión sobre o goberno polo proxecto de lei de linguas

Despois das manifestacións celebradas hai unhas semanas nas localidades francesas de Carcasona e Baiona para reclamarlle ao goberno o proxecto de lei sobre as linguas, os deputados e senadores de diferentes rexións pídenlle contas ao goberno e, máis concretamente, ao ministro de Cultura.

Fonte: Pays Basque Info

O portugués será lingua de traballo na Asociación dos Comités Nacionais Olímpicos de África (ACNOA)

O portugués está en vías de ser recoñecido como lingua de traballo na Asociación dos Comités Nacionais Olímpicos de África (ACNOA), ao lado do inglés e do francés.

Fonte: AngolaPress

O Parlamento indio deixa que os membros da Asemblea Lexislativa fagan o xuramento en calquera das 22 linguas da Constitución

Nun intento destacado por adaptarse á diversidade, o Parlamento indio permítelles aos novos membros que escollan a forma de xuramento en calquera das 22 linguas recollidas no punto oito da Constitución.

Fonte: Times of India

As Illas Cook esixirán saber maorí para obter a residencia

As persoas que queiran obter a residencia na Illa de Cook axiña terán que aprender maorí. O ministro de Inmigración, Terepai Maoate, afirma que esta medida ten como obxectivo reforzar o papel da lingua maorí como elemento clave da identidade nacional do país.

Fonte: Radio Australia

O estudo da lingua chinesa está aumentando en Francia

O estudo do chinés está aumentando en Francia, segundo un sinólogo francés. Cada vez máis institutos e universidades de Francia comezan a ofrecer clases de chinés.

Fonte: Xinhuanet

Un estudo conclúe que os subtítulos en lingua propia non melloran a aprendizaxe de idiomas

Os subtítulos en inglés dunha película filmada neste idioma poden axudar a aprender esta lingua segundo un estudo do Instituto Max Planck de Psicolinguística e a Universidade Radboud de Nimega (Países Baixos) que se publica na revista PLoS ONE. No entanto, se os subtítulos se encontran no idioma propio, o que sucede na maioría de países europeos, a práctica podería resultar contraproducente para a aprendizaxe.

Fonte: Europa Press

Vietnam celebra a Semana da Lingua Rusa

A Semana da Lingua Rusa en Vietnam comezou o pasado martes día 10 de novembro en Hanoi con actividades animadas por profesores de ruso.

Fonte: Le Courrier du Vietnam

Preséntase unha web para animar a estudar español na cidade de Bos Aires

O ministro de Desenvolvemento Económico porteño, Francisco Cabrera, presenta o sitio web "Study in Buenos Aires" que promove esta cidade como destino para aprender o idioma español.

Fonte: InfoBAE

O Goberno de Guinea Bissau aprobou o novo acordo ortográfico da lingua portuguesa

O Goberno de Guinea Bissau aprobou o novo acordo ortográfico da lingua portuguesa nunha sesión extraordinaria do consello de ministros, presidida polo presidente do país, Malam Bacai Sanhá.

Fonte: LUSA

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder