Mocidade
O Concello da Coruña organiza un espectáculo de maxia para fomentar o uso do galego no ámbito escolar
No marco do proxecto Falamos primaria, o espectáculo «Mil maxias máis», dirixido ao alumnado de primaria dos centros coruñeses, ten como obxectivos galeguizar o sistema educativo, crear espazos de uso para o galego na escola e fomentar o seu uso a través do xogo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A CRTVG organiza unha nova edición dos Premios #DígochoEu para promover o galego entre o alumnado

Os Premios escolares #DígochoEu chegan á súa terceira edición co obxectivo de seguir promovendo o uso do galego entre o alumnado de primaria e secundaria de Galicia e de calquera centro de fóra de Galicia no que se imparta esta lingua.
Fonte: CRTVG
O Concello de Ames presenta a cuarta edición do certame Galetiktokers

O concurso Galetiktokers ten como obxectivo estimular a creatividade entre a mocidade, incentivar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e darlle visibilidade á comunidade galega na rede social TikTok.
Fonte: Concello de Ames
Xa está en marcha a nova edición do Club de Debate Alingua
O Club de Debate Alingua é un proxecto colaborativo, promovido por dez concellos galegos, que ten como obxectivo a dinamización lingüística e cultural no ámbito educativo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e o IES Arcebispo Xelmírez I celebran o Día Europeo das Linguas cun recitado multilingüe
A Xunta de Galicia celebrou o acto central polo Día Europeo das Linguas. Un evento no cal participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que estivo acompañado polo alumnado e profesorado do Instituto IES Arcebispo Xelmírez I, que recitaron 10 poemas de distintos autores europeos nas súas respectivas linguas, desde Fernando Pessoa a Pedro Salinas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase unha nova edición do certame «Nós tamén creamos!»

A Xunta de Galicia, coa colaboración da CRTVG e Oqo Editora, convoca unha nova edición do certame «Nós tamén creamos!» para a elaboración de curtametraxes en galego co obxectivo de fomentar a creatividade nesta lingua e o uso das TIC entre o alumnado de infantil e primaria.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Xa está aberta a convocatoria para participar nos programas de promoción do galego do Plan Proxecta+
A Xunta de Galicia publicou o regulamento do Plan Proxecta+ destinado aos centros educativos, ao abeiro do que se organizarán varios programas relacionados directamente coa promoción da lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Vigo organiza unha xornada sobre videoxogos en galego

A xornada, que leva por título «Voute preservar, miñoca!», está pensada especialmente para a mocidade aínda que haberá tamén actividades dirixidas ás familias.
Fonte: Universidade de Vigo
A Xunta reforza os lectorados da rede de centros de estudos galegos coa incorporación de nove docentes
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu no Pazo de San Roque, a sete dos nove lectores de lingua e cultura galegas que inician a súa actividade nos Centros de Estudos Galegos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Ames presenta a programación do programa Apego de fomento da transmisión do galego
Ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro desenvolveranse as actividades en galego que compoñen a programación infantil con Apego, entre as que se inclúen xogos, contos, obradoiros, espectáculos musicais e teatrais, maxia ou cinema.
Fonte: Concello de Ames
Boletín
Subscríbase ao boletín