Mocidade
Quince novos títulos incorpóranse á colección Esenciais, unhas guías que permiten achegar o galego á docencia
A colección Esenciais incorpora quince novos títulos que pretenden converterse nun recurso de apoio ao traballo do profesorado e do alumnado. Trátase de resumos en galego dunha materia ou dunha parte dela para utilizar como unha guía de referencia para a aprendizaxe dos contidos.
A Xunta convoca o V Concurso de Podcast Radio na Biblio centrado en Francisco Fernández del Riego
A Xunta de Galicia, en colaboración coa Radio Galega, vén de convocar o V Concurso de Podcasts-Radio na biblio, que este ano se centra na figura de Francisco Fernández del Riego. Nesta edición promóvense os traballos enfocados a salientar a valoración da lingua materna, reforzar a lectura en galego ou o achegamento ao mundo da edición e da tradución.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra editan unha guía para fomentar a reflexión da mocidade sobre a situación do galego

Baixo o título A reflexión sobre a lingua na sociedade: alén dun contido curricular, unha necesidade estratéxica. Propostas para a docencia, esta guía dirixida a docentes de secundaria ten como obxectivo impulsar unha reflexión crítica entre a mocidade respecto da situación social do galego.
Fonte: Universidade de Vigo
O Concello de Soutomaior organiza un certame que mestura comunicación, mocidade e lingua galega
O concurso “Verbas para comunicar”, destinado a estudantes de ESO e Bacharelato, consiste na presentación dun traballo, en formato texto ou audiovisual, que debe estar en lingua galega e transmitir unha idea, sentimento, opinión etc.
Fonte: Faro de Vigo
A Universidade de Vigo organiza unha campaña para visibilizar os creadores e creadoras de contidos en galego nas redes sociais
O alumnado da Facultade de Comunicación puxo en marcha esta campaña para visibilizar os creadores e creadoras de contidos en galego nas redes sociais a través das etiquetas #ComunicaEnGalego23 e #talentofcom.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta e a Fundación Otero Pedrayo entregan os galardóns da II edición do seu certame para estudantes de ESO e Bacharelato

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos galardóns do II Premio Otero Pedrayo para Estudantes de ESO e Bacharelato, organizados co fin de fomentar entre a mocidade o coñecemento e recoñecemento desta figura singular.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago convoca dous novos certames para impulsar o uso do galego
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Veterinaria lanza unha nova convocatoria dos certames ‘Escolle en galego’ e ‘O teu traballo ten premio’ que teñen como obxectivo incentivar o uso do galego entre o seu alumnado.
Nace o Canciños Fest, un novo certame que busca achegarlles o cinema en lingua galega aos máis pequenos

O Festival de Cans organiza no Porriño, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Canciños Fest, un novo certame que ten como obxectivo que os máis pequenos se acheguen ao cine en galego.
Fonte: Xornal21
A Universidade de Santiago convoca unha nova edición dos Premios á calidade lingüística
Os Premios á calidade lingüística chegan á súa edición número dezanove, á que se poderá presentar o alumnado que elabore e, de ser o caso, defenda en lingua galega un traballo académico, TFG ou TFM.
Preséntanse os resultados da experiencia de compromiso lingüístico entre o alumnado de Ames

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o acto de presentación dos resultados da experiencia de inmersión lingüística na que participaron centros educativos de infantil e primaria de Ames ao abeiro do proxecto «Modo galego, actívao!», impulsado pola Real Academia Galega e o Concello de Ames.
Fonte: Real Academia Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín