Mocidade
Convócanse as axudas para o fomento do galego no ensino

A Xunta de Galicia publicou dúas convocatorias de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego no ámbito do ensino non universitario durante o curso 2022/2023, unha dirixida a centros de titularidade pública e outra a centros de titularidade privada.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os Premios Youtubeiras xa teñen finalistas para a súa edición de 2022
Este certame, organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, xa ten os finalistas desta sexta edición para os seus oito premios que se disputarán 22 propostas.
Fonte: Galicia Confidencial
A Deputación da Coruña convoca a sexta edición do Concurso “Quero Cantar” para o fomento do uso da lingua galega

O Concurso “Quero Cantar”, dirixido a solistas ou grupos musicais integrados por rapaces e rapazas de ata 16 anos, ten como obxectivo promover o uso do galego, así como a creatividade poética e musical entre a poboación infantil e xuvenil.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O programa Nadal en Rede da Xunta arranca este venres con actividades nunha vintena de concellos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a programación dunha nova edición de Nadal en Rede, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta de Galicia que arranca este venres e levará actividades para público familiar a unha vintena de concellos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta recoñece as mellores propostas no ámbito da creación de videoxogos dentro do certame Xuventude Crea 2022

O equipo formado por María Santalla Martínez e Daniel Alejandro Santiago Mayoral fixéronse co galardón do certame Xuventude Crea 2022 na especialidade de Creación de videoxogos coa proposta ‘K.I.W.I’. A través deste programa, o Executivo autonómico recoñece o talento e a creatividade da mocidade galega en distintas categorías.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os certames ‘Inventa en galego’ e ‘Novos poliedros’ premian a innovación científica e o uso da lingua galega entre a mocidade
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Pazo de San Roque no acto de entrega da última edición dos certames Novos Poliedros e Inventa en galego, convocados co gallo do Mes da Ciencia en galego por Igaciencia -Institución Galega da Ciencia- coa colaboración da Xunta de Galicia para promover entre a mocidade a innovación tecnolóxica en lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase unha nova edición dos premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan a edición 2022-2023 dos premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”. O certame conta con tres categorías: segundo ciclo de educación infantil, primeiro e segundo de educación primaria, e terceiro e cuarto de educación primaria.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Vilagarcía organiza un obradoiro para fomentar o uso do galego no ámbito familiar

O sábado 3 de decembro o Concello de Vilagarcía organiza o obradoiro «O Lar das Palabras», unha actividade dirixida a familias con fillas/os con idades de 3 a 8 anos durante a que realizarán o seu propio dicionario en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Real Academia Galega publica un estudo sobre a incidencia na desgaleguización da infancia das actividades extraescolares e de conciliación

O Seminario de Sociolingüística realizou un novo estudo para afondar na análise dos factores que inflúen no abandono do galego durante a infancia. Nel constátase a importancia dos centros educativos e, máis concretamente, doutros espazos como as actividades extraescolares, de conciliación e deportivas.
Fonte: Real Academia Galega
A V edición do Certame de Podcast ‘Xosé Mosquera Pérez' conmemora o 90 aniversario da radio en Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do V Certame de Podcast “Xosé Mosquera Pérez, O vello dos contos”, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte … nas Ondas! coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín