Mocidade
A Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago organiza unha campaña para favorecer a integración lingüística do alumnado

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo busca coa campaña de dinamización do galego ‘Cambia a túa mirada’ favorecer a integración lingüística do alumnado procedente de fóra de Galicia.
A Universidade de Vigo organiza o único hackatón dirixido a incorporar contidos ao Galizionario

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle o único hackatón dirixido a incorporar novos contidos ao Galizionario, a versión en galego do Wiktionary que conta a día de hoxe con máis de 75 000 entradas.
Fonte: Universidade de Vigo
A Xunta adxudica dez bolsas de formación para a investigación en humanidades no Centro Ramón Piñeiro

A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia a resolución de adxudicación de 10 bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, unhas axudas formativas nas que o Goberno galego inviste 237 600 € e coas que busca cada ano fomentar a formación e capacitación das persoas con titulación universitaria, promovendo ao mesmo tempo o ensino, a cultura e a investigación en lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A delegada da Xunta en Ferrol pon en valor accións como o Laboratorio de Apoderamento Lingüístico de Ferrolterra á hora de fornecer o uso do galego
A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, abriu a sesión de prototipado do Laboratorio de Apoderamento Lingüístico de Ferrolterra deseñado pola cooperativa Rexenerando ao abeiro do programa TeCe Redes en galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un novo web promove entre a mocidade creacións musicais e poéticas galegas e portuguesas co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da aplicación web play.aritmar.com, impulsada pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover a música e a poesía galegas e portuguesas, especialmente entre a mocidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preséntase a segunda edición do Concurso de Poesía en Lingua Galega Xaquina Trillo
O Concurso de Poesía en Lingua Galega Xaquina Trillo está dirixido este ano ao alumnado de bacharelato de toda Galicia ou mesmo de fóra. Os traballos, que se poden presentar ata o 30 de novembro, deben estar escritos en galego e a dotación económica increméntase a 300, 200 e 100 euros.
Fonte: Faro de Vigo
O Concello de Ames celebra a gala de entrega de premios Galetiktokers 2022
A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a gala de entrega de premios do certame Galetiktokers, unha iniciativa do Concello de Ames que ten como obxectivo fomentar a creatividade en lingua galega da rapazada a través das redes sociais.
Fonte: Concello de Ames
A Universidade de Santiago acolle o primeiro Campionato de Debate en Galego

A Facultade de Relacións Laborais acolle o primeiro Campionato de Debate en Galego, unha actividade formativa, lúdica e competitiva na que o alumnado poderá mellorar a súa capacidade para expresarse oralmente en galego.
A Universidade de Santiago convoca axudas para a realización de teses de doutoramento en galego
A USC publicou a convocatoria de axudas para a realización de teses de doutoramento en galego ás que poderá acceder o alumnado de programas de doutoramento que redacte e defenda nesta lingua a súa tese.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A cooperativa Rexenerando organiza en catro centros de ensino da comarca de Ferrolterra un Laboratorio de Apoderamento Lingüístico
Alumnado de Bacharelato de catro centros de ensino da comarca de Ferrolterra asistirá ao longo dos meses de outubro e novembro a este Laboratorio de Apoderamento Lingüístico, un proxecto piloto de dinamización do uso do galego entre a mocidade.
Fonte: CTNL
Boletín
Subscríbase ao boletín