Mocidade

A cooperativa Rexenerando organiza en catro centros de ensino da comarca de Ferrolterra un Laboratorio de Apoderamento Lingüístico

Alumnado de Bacharelato de catro centros de ensino da comarca de Ferrolterra asistirá ao longo dos meses de outubro e novembro a este Laboratorio de Apoderamento Lingüístico, un proxecto piloto de dinamización do uso do galego entre a mocidade.

Fonte: CTNL

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza unha nova edición do Concurso de Relato Oral "Tíralle da lingua"

O certame "Tíralle da lingua" está dirixido á comunidade educativa e ten como obxectivo normalizar o uso oral do galego e contribuír a que esta lingua se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias no ámbito educativo.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Santiago organiza un obradoiro de recursos educativos en galego para nais e pais

O Concello de Santiago de Compostela organiza un obradoiro de carácter práctico dirixido a nais e pais que desexen coñecer materiais educativos para poder realizar unha crianza en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Bueu organiza unhas xornadas de reflexión sobre o galego e un concurso de vídeos de TikTok nesta lingua

O Concello de Bueu organiza as xornadas «Bueu e a fala: o galego 3.0», que pretenden ofrecer unha reflexión arredor do emprego do galego nas redes e nos novos medios, así como a primeira edición do certame «Mergullándonos no TikTok», co obxectivo de fomentar o uso desta lingua entre a mocidade aproveitando o éxito desta rede social.

Fonte: Concello de Bueu

O Concello de Ames organiza a terceira edición do certame Galetiktokers para impulsar a creación de vídeos en galego

Por terceiro ano celébrase este certame que repartirá 1800 euros en premios e que ten como obxectivos impulsar a creatividade entre a xente nova, animar a creación de vídeos en galego a través de novos formatos e visibilizar a comunidade tiktoker galega.

Fonte: Concello de Ames

Ábrese o prazo de inscrición para participar na segunda edición dos Premios #DígochoEu

Ata o 28 de outubro permanecerá aberto o prazo para participar na segunda edición destes galardóns aos que poden presentarse centros educativos de Educación Primaria e Secundaria de Galicia, así como de fóra que impartan a lingua galega.

Fonte: Galicia Confidencial

A Xunta presenta a serie audiovisual en galego ‘De aquí para alá’ con motivo do próximo Día Europeo das Linguas

O secretario xeral de política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do proxecto didáctico musical De aquí para alá, creado pola pedagoga da Linguaxe e a Educación Musical Lydia Botana.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O portal educativo Aulas Galegas publica varios materiais para organizar o novo curso en galego

A comunidade educativa xa ten á súa disposición a axenda escolar para o curso 2022-2023, así como calendarios escolares, en formato anual, trimestral e mensual, materiais en lingua galega para axudar a organizar o novo curso.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello da Coruña pon a disposición da rapazada unha serie de pasatempos en galego

O Servizo de Normalización Lingüística anima a aprender xogando a través dunha serie de pasatempos en galego, con adiviñas, labirintos, sopas de letras... para que a volta ás aulas sexa máis divertida.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Vigo pon en marcha un ano máis Aula Aberta para fomentar o uso do galego e a reflexión crítica sobre certos temas

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense puxo en marcha o pasado curso esta iniciativa co dobre obxectivo de fomentar o uso do galego e a reflexión crítica sobre temas de interese social. Para esta nova edición están programadas tres sesións centradas en “realidades invisibilizadas” coa participación das escritoras An Alfaya, Paula Carballeira e Eva Mejuto.

Fonte: Universidade de Vigo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder