Mocidade
Ponse en marcha unha campaña para animar o alumnado galego a que se inscriba na materia de portugués

A asociación Docentes de Português na Galiza (DPG) lanzou o vídeo "Amor à primeira vista" como parte da campaña para animar o alumnado de ESO e bacharelato a que se inscriba na materia de portugués. Nel expóñense as vantaxes de aprendizaxe que teñen os galegofalantes pola proximidade entre esa lingua e o galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un alumno da Universidade de Vigo pon en marcha unha iniciativa para agrupar todos os contidos en galego de internet
Carlos Cerecedo, alumno da Universidade de Vigo, creou a web "Somos Cultura", que ten como obxectivo darlle resposta á escasa utilización do galego entre a mocidade, xuntando nun só punto ligazóns a contidos en galego de diferentes plataformas e redes sociais.
Fonte: Treintayseis
Publícase a convocatoria de axudas para a edición en galego de recursos didácticos curriculares

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca axudas dirixidas a empresas do sector editorial para a edición en galego de recursos didácticos curriculares para o ensino non universitario.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta convoca prazas en 10 Centros de Estudos Galegos de Europa e América

A Xunta de Galicia convoca 10 prazas de profesorado-lector de lingua, literatura e cultura galegas no exterior. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 en centros universitarios de España, Italia, Francia, Brasil, Croacia, Alemaña e Reino Unido.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa no acto de entrega de premios do Rally Científico Matemático
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do Rally Científico Matemático 2020 e 2021, iniciativa promovida pola Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) coa colaboración da Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Máis de 800 centros de ensino públicos benefícianse das axudas da Xunta para o fomento do galego dotadas con 350 000 euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, convocadas o pasado mes de decembro e da que foron beneficiarios máis de 800 centros.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preséntanse as novas edicións do certame Youtubeir@s e do Festival de Cinema Escolar Olloboi

O certame Youtubeir@s deste ano leva como lema "Magnetismo en rede" e busca fomentar a creación e o mantemento de canles de YouTube en galego. Pola súa banda, Olloboi, que ten xa na rede os traballos finalistas, renovou as categorías nesta edición para que as obras seleccionadas sexan o máis representativas posible.
Fonte: Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín