Mocidade
Unha tese de doutoramento defende os beneficios da alfabetización en lingua galega

Unha tese de doutoramento presentada pola xa doutora Marta Díaz na Universidade de Vigo defende os beneficios da escolarización en galego e conclúe que a educación infantil é primordial para o futuro do idioma.
Fonte: DUVI
O presidente da Xunta e Víctor Freixanes avalían as liñas de colaboración para seguir traballando a prol da lingua e a súa difusión

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, avaliaron as liñas de colaboración para seguir traballando a prol da lingua e a súa difusión. Durante a xuntanza, ambos coincidiron na necesidade de seguir fomentando o uso do galego entre a xuventude e nas empresas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil selecciona 17 libros en galego
A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (Oepli) seleccionou 17 títulos en galego do seu catálogo anual de literatura e banda deseñada.
Fonte: Cultura galega
Andrea Maceiras gaña o Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil
A profesora Andrea Maceiras foi galardoada co premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña, coa novela Que se me pare o corazón se te esquezo, sobre as tensións das redes sociais na mocidade.
Fonte: Cultura galega
O programa da Xunta '21 días co galego e +' promoveu a dinamización da lingua en máis de 9000 escolares e 24 centros desde a súa posta en marcha

O programa de promoción do uso do galego promovido pola Xunta “21 días co galego e +” contou coa participación de máis de 9000 alumnos de 24 centros educativos nos tres cursos nos que leva implantado no sistema educativo galego, demostrando así o compromiso do Goberno autonómico cun modelo lingüístico que garante a competencia e o uso da lingua galega en todos os ámbitos e desde a xeracións máis novas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convoca a vixésima edición do concurso de relato oral "Tíralle da lingua"

O concurso de relato oral "Tíralle da lingua", dirixido ao alumnado e ao profesorado dos distintos niveis educativos, ten como obxectivo promover e normalizar o uso oral do galego. Os participantes poderán contar nesta lingua historias de base popular, de base literaria ou de creación propia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García acompaña a Beatriz G. Turnes na presentación de 'Esta noite hei de ir a verte'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a profesora, investigadora e escritora Beatriz G. Turnes no acto de presentación do libro Esta noite hei de ir a verte, a terceira novela destinada ao público xuvenil que dá ao prelo a autora compostelá baixo o selo Costa Oeste da Editorial Galaxia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta entrega os premios de Lingua de Namorar, o concurso de mensaxes de amor en galego

O Pazo de San Roque acolleu a entrega de premios da X edición de Lingua de Namorar, o concurso en liña de mensaxes de amor que busca dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas tecnoloxías da información e da comunicación.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xa se coñece o vídeo gañador do certame ‘Explícoche matemáticas 2.0’, que busca promover o uso do galego e estimular a creatividade do alumnado

O vídeo vencedor da novena edición do certame ‘Explícoche matemáticas 2.0’, que organiza a Universidade de Santiago, foi titulado A primeira programadora, dedicado á figura da matemática Ada Lovelace. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar o uso do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Publícanse as resolucións das axudas para o fomento do galego no ensino privado

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou as resolucións das axudas para o curso escolar 2020/2021 destinadas aos proxectos de fomento do galego realizados nos centros de ensino non universitario de titularidade privada.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín