Mocidade

O Consello da Cultura Galega e a USC presentan unha nova versión de Proxector

O Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago presentaron Proxector, un repositorio que escolma recursos da rede sobre as diferentes disciplinas científicas, co principal nexo común que están en galego ou dispoñen de versións subtituladas na nosa lingua.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Convócanse os premios a curtas de animación en galego «Nós tamén creamos!»

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa «Nós tamén creamos!» para o curso académico 2021/2022.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Publícanse dúas convocatorias de axudas para a presentación de proxectos de fomento do galego no ámbito do ensino non universitario

A Xunta de Galicia publicou dúas convocatorias de axudas para a presentación de proxectos de fomento do galego no ámbito do ensino non universitario, unha dirixida a centros de titularidade pública e outra a centros de titularidade privada.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Santiago organiza un curso en liña de química en lingua galega

O grupo CienciaNOSA organiza un curso en liña de química cun enfoque experimental e baseado en prácticas de laboratorio. Cada tema ofrece un resumo cos principais conceptos, así como unha serie de recursos audiovisuais que inclúen experimentos de laboratorio e un cuestionario para que cada estudante comprobe o seu progreso.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Volve medrar o número de alumnos que estudan galego no Bierzo e Sanabria ata os 1115

O número de alumnos que estudan galego nos territorios limítrofes de Castela e León aumenta ata 1115. Así o constatou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na reunión anual de seguimento do programa de promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria, asinado por ambos os gobernos autonómicos hai 20 anos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O número de alumnos/as que estudan galego no Bierzo e Sanabria repunta no curso 2021-2022

O número de alumnos e alumnas que estudan galego nos territorios limítrofes de Castela e León repunta despois de verse afectado pola crise sanitaria o curso pasado. Así o constatou na reunión que mantivo a comisión mixta de seguimento do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria, firmado polos gobernos galego e castelán hai 20 anos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Preséntase o proxecto 'Meniños Cantores 2', unha iniciativa que busca recuperar o patrimonio oral galego-portugués

O Consello da Cultura Galega presentou o proxecto 'Meniños Cantores 2', despois de 16 anos da súa primeira edición. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende recuperar o patrimonio oral galego-portugués na que participan 17 centros educativos da fronteira entre Galicia e Portugal.

Fonte: Galicia Confidencial

Oito de cada dez estudantes de entre 10 e 18 anos practicamente non escoitan música en galego

Segundo unha enquisa realizada polo proxecto «Ao son da nosa música» entre máis de mil escolares de entre 5º de primaria e 2º de bacharelato, o 80 % non escoita nunca ou case nunca música en galego. Outros datos significativos sinalan que máis da metade nunca asistiu a un concerto de música nesta lingua e un 40 % non coñece ningún artista ou grupo que cante neste idioma.

Fonte: Galicia Confidencial

A Xunta estimula o voluntariado cultural nos centros educativos a través do programa ‘Bibliotecas Escolares Solidarias’

A Xunta de Galicia vén de convocar o programa Bibliotecas Escolares Solidarias, que ten como obxectivo estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado e as súas familias.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Centro Ramón Piñeiro conta con 11 novos bolseiros e bolseiras para traballar nunha decena de proxectos de investigación

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu os 11 bolseiros e bolseiras que ata finais do 2023 traballarán en varios proxectos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder