Mocidade
A XVII Xornada de Normalización Lingüística celebra os 30 anos dos equipos de dinamización da lingua galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu á sede do Consello da Cultura Galega para inaugurar a XVII Xornada de Dinamización Lingüística, organizada cada ano por Escolas Católicas en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García expón ante a Rede Europea de Promoción da Diversidade Lingüística o modelo galego de conxunción de linguas na ensinanza
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Palma de Mallorca no seminario «Educación de inmersión: explorando o que funciona en contextos lingüisticamente diversos en Europa», dedicado aos modelos de ensino en comunidades de Europa con linguas en contacto.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Román Rodríguez anuncia no Parlamento un plan para fomentar o uso do galego no deporte

A Xunta de Galicia iniciará o vindeiro ano os traballos para elaborar un plan de dinamización que fomente o uso do galego nas prácticas deportivas. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no Parlamento de Galicia, onde respondeu varias preguntas relacionadas co seu departamento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A CRTVG convoca o Premio #DígochoEu, o popular espazo de dinamización do galego entre a xente nova

Para festexar os 150 000 seguidores en TikTok, o espazo da CRTVG #DígochoEu anuncia a creación do Premio #DígochoEu, un concurso de vídeos aberto a todos os centros escolares de primaria e secundaria galegos ou de fóra de Galicia que impartan lingua galega.
Fonte: CRTVG
O Concello de Ames abre o prazo para escoller as persoas gañadoras dos premios da segunda edición de Galetiktokers
Ata o 30 de novembro, o público poderá escoller as persoas gañadoras dos dous premios do público da segunda edición de Galetiktokers, o certame para impulsar a creatividade en galego entre a mocidade.
Fonte: Concello de Ames
A Universidade de Santiago publica 16 novos títulos de Esenciais, a colección que busca achegar o galego á docencia
Un total de dezaseis novos títulos das guías Esenciais acaba de ver a luz e súmanse así aos 24 publicados ata o de agora para facilitar a docencia en galego e en consonancia co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 4.
Ponse en marcha unha nova edición do Club de Debate, unha actividade de dinamización lingüística e cultural para o ámbito educativo
O Club de Debate é un proxecto colaborativo, promovido por varios concellos galegos, que ten como obxectivo a dinamización lingüística e cultural no ámbito educativo, así como o fomento da fluidez comunicativa en galego, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade de opinións.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Deputación da Coruña organiza unha campaña en internet que une lingua galega e divulgación científica

A Deputación da Coruña lanza a campaña #AsPalabrasdaCiencia, unha iniciativa que ten como obxectivo amosar o compromiso desta institución co mundo científico e coa dinamización do galego neste ámbito de indubidable referencia social.
Fonte: Deputación da Coruña
O Concello de Silleda amplía a programación de integración cultural con clases de galego para a poboación infantil
Ao abeiro do programa Anduriña de integración cultural, o Concello de Silleda organiza cursos de galego de carácter gratuíto dirixidos a estudantes de Primaria e Secundaria.
Fonte: La Voz de Galicia
Convócase o IV Certame de podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez «O vello dos contos»

Os Premios de podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos" están dirixidos a alumnado de primaria (quinto e sexto curso) e secundaria de Galicia, así como de centros que imparten ensinanzas de galego de réxime xeral fóra da comunidade. Tamén pode participar o alumnado de 10 a 18 anos dos centros educativos públicos do norte de Portugal.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín