Mocidade
A Universidade de Santiago convoca o VI Concurso de subtitulación de vídeos TED de ciencias da saúde ao galego

Este concurso de subtitulación de vídeos TED ten como obxectivo contribuír á creación de contidos divulgativos sobre ciencias da saúde en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Comeza no campus de Pontevedra a segunda edición de Falamos, unha iniciativa para fomentar o uso do galego entre o alumnado

O programa Falamos, impulsado pola Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra, busca fomentar o uso do galego entre o alumnado. Comeza esta nova andaina con novas edicións do voluntariado lingüístico, o club de lectura e as clases de cociña, ás que se suma como novidade unha actividade de teatro.
Fonte: Universidade de Vigo
O Concello do Grove pon en marcha actividades para fomentar o uso do galego entre a mocidade da vila

O Concello do Grove promoverá ata finais de outubro, en colaboración con dous centros de secundaria do municipio, o uso do galego entre a xente nova por medio do programa de dinamización lingüística “Bicos con lingua. Unidade didáctica”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Santiago de Compostela organiza un obradoiro de podcast en galego

A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle un obradoiro de podcast, de 15 horas de duración, dirixido a toda a comunidade universitaria co obxectivo de fomentar a creación de contidos dixitais en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Vigo convoca as axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento
A Universidade de Vigo convoca as axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento, así como os premios á calidade lingüística nos TFG e TFM co obxectivo de aumentar o uso desta lingua nas tarefas investigadoras e premiar o esforzo e o rigor de lle dar un tratamento coidado ao idioma.
Fonte: Universidade de Vigo
Vigo acolle un encontro sobre a relación entre videoxogos, literatura e lingua galega

A terceira edición das xornadas Videoxogos e Literatura, organizadas pola Fundación Carlos Casares, abordou a relación entre as novas tecnoloxías da creación, a comunicación e o entretemento, e os desafíos que supoñen para a lingua galega.
Fonte: Real Academia Galega
Os centros universitarios da rede de lectorados da Xunta incorporan novo profesorado

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo unha reunión de coordinación co novo profesorado-lector que se incorpora aos centros universitarios dependentes da Rede de Lectorados da Xunta de Galicia neste curso académico 2021-2022.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Balea Vermella e PuntoGal asinan un convenio de colaboración para ofrecer ciencia en galego en Twitch

A canle de divulgación científica Balea Vermella e PuntoGal asinaron un convenio de colaboración polo que a entidade que xestiona o dominio galego patrocinará o programa semanal en Twitch no que ofrecen ciencia en lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo da Xunta impulsa un foro sobre o papel dos dj's na música galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou xunto ao xornalista musical e DJ Carlos Crespo o I Foro sobre o papel dos disc-jóckeys na difusión da música galega, unha iniciativa que xurde ao amparo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago convoca os XVII Premios á calidade lingüística en galego
Os Premios á calidade lingüística en galego teñen como obxectivo impulsar o uso desta lingua ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado.
Boletín
Subscríbase ao boletín