Mocidade
Máis de 1500 escolares participarán nas actividades da nova edición do Correlingua

O 20 de outubro comeza o programa de actividades da nova edición do Correlingua que, baixo o lema 'Inmunízate co galego', inclúe concertos e talleres de escritura creativa, de regueifas e banda deseñada e que se iniciará na Coruña para prolongarse ata novembro por toda Galicia.
Fonte: Galicia Confidencial
A Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago pon en marcha unha campaña para acabar cos prexuízos lingüísticos

Baixo o lema «A boa medicina», nace esta campaña destinada a limar os prexuízos lingüísticos do alumnado, especialmente o de primeiro curso e o que chega dende fóra de Galicia. Na súa presentación déronse a coñecer as actividades que se levarán a cabo nos meses de outubro, novembro e decembro no marco desta iniciativa.
Preséntase o Mapa sociolingüístico escolar de Ames

O Mapa sociolingüístico escolar de Ames, desenvolvido pola Real Academia Galega en colaboración co Concello de Ames, revela unha perda do 10 % de galegofalantes iniciais xa no primeiro contacto co medio educativo na etapa infantil, unha porcentaxe que vai medrando nos sucesivos cambios de ciclo.
Fonte: Real Academia Galega
O Pazo de San Roque acolle un encontro de expertos sobre literatura infantil e xuvenil co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou o seminario internacional “A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana”, un encontro de reflexión e análise coordinado polo proxecto Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O certame de cinema Ouff Escola recibe máis de 45 traballos na súa XII edición

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega de premios da XII edición do Certame de Cine OUFF Escola organizado polo Concello de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia, no marco do XXVI Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Celébrase na Comarca de Ferrol o Día do Orgullo Neofalante

O Día do Orgullo Neofalante, que se celebra o 1 de outubro, coincidindo coa data de nacemento de Andrés do Barro, ten como obxectivo gañar falantes e espazos de uso para o galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O IES de Arzúa elabora un documental sobre a situación do galego no ámbito da educación secundaria e a mocidade

O documental 2021, 40 anos despois, de 47 minutos de duración, ofrece as reflexións do alumnado do IES de Arzúa sobre o uso e o futuro do galego nun contexto no que a maioría son galegofalantes.
Fonte: Praza
Preséntase o último capítulo da serie Conseguiremos, unha produción audiovisual para darlle voz á mocidade que crea en lingua galega
A psiquiatra Iria Veiga e o xenetista Ángel Carracedo pechan a serie Conseguiremos, unha produción audiovisual que forma parte do proxecto “Novas voces para a lingua” impulsado pola Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela.
Fonte: Real Academia Galega
O Concello de Ames organiza a I Ruta do Apego para estimular na infancia o coñecemento do patrimonio natural, cultural e lingüístico
A I Ruta do Apego de Ames é un itinerario deseñado para que as nenas e os nenos coñezan o seu patrimonio natural, cultural e lingüístico a través do xogo.
Fonte: Concello de Ames
Convócase unha nova edición dos premios Youtubeiras co obxectivo de impulsar a creación e o mantemento de canles de Youtube en galego

A quinta edición dos premios Youtubeiras ten como novidade a aposta por proxectos xa consolidados ou que teñan unha continuidade no tempo. Para participar cómpre ser maior de 14 anos e ter, polo menos, cinco vídeos publicados antes do 23 de outubro de 2020.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín