Mocidade

A Universidade de Santiago convoca os XVII Premios á calidade lingüística en galego

Os Premios á calidade lingüística en galego teñen como obxectivo impulsar o uso desta lingua ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Xunta concede axudas á edición de máis de medio cento de recursos didácticos curriculares en galego

A Xunta de Galicia vén de conceder as axudas á edición de recursos didácticos curriculares en galego, destinadas a un total de 55 proxectos de empresas do sector editorial. A convocatoria está dotada con 200 000 euros para impulsar o uso do galego no ensino regrado non universitario.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Publícase a resolución pola que se conceden axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares

O Diario Oficial de Galicia do 17 de agosto de 2021 publicou a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

Fonte: DOG

Rianxo acolle a primeira ruta interactiva no marco do proxecto Apego de fomento da transmisión familiar do galego

O Concello de Rianxo acollerá a primeira ruta interactiva do programa Apego, que ten como obxectivo impulsar a transmisión do galego como lingua inicial. A ruta conta con contidos educativos que se poderán consultar a través dun dispositivo móbil, así como un espazo de promoción do turismo e do lecer familiar na vila.

Fonte: Código Cero

Volve ‘O galego campa!’ con novas propostas para incidir na expresión e educación emocional da mocidade

Os campamentos de verán da Xunta volven acoller o programa de dinamización lingüística “O galego campa!”, tras o parón do ano pasado, con novas propostas coas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado buscan incidir na expresión persoal e na educación emocional da mocidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta convoca 11 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro

A Xunta de Galicia vén de convocar 11 bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. A Consellería de Cultura reafirma con esta convocatoria o seu compromiso coa investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta bota a andar a décima edición do programa FalaRedes con máis de 180 pases e 30 actividades por toda Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou unha nova edición do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes 2021, que por décimo ano consecutivo chega aos concellos e entidades adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia con máis de 180 pases e 30 actividades.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello da Pobra do Caramiñal organiza o concurso Galeguizando TikTok

Co gallo da celebración o 25 de xullo do Día da Patria Galega, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha unha iniciativa nas redes sociais: o certame audiovisual Galeguizando TikTok no que poden participar vídeos en galego que teñan como temática esta festividade.  

Fonte: Código Cero

Bota a andar a iniciativa #FainoEnGalego para instar os clubs deportivos a que usen a lingua galega

A iniciativa #FainoEnGalego, iniciada na rede social Twitter, demanda que os clubs deportivos de Galicia empreguen a lingua galega nas canles oficiais. O obxectivo desta campaña é que este idioma teña maior visibilidade, principalmente, entre a xente nova.

Fonte: Nós Diario

O grupo Novos Medios deseñará un proxecto dixital sobre o neofalantismo do galego

A USC e a Xunta colaborarán nun proxecto sobre o neofalantismo. A proposta inicial inclúe a elaboración dun portal e o aproveitamento de aplicacións sociais para implicar a colectivos que optaron por incorporar a lingua galega nas súas interaccións cotiás.

Fonte: USC

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder