Mocidade

A Xunta amplía a súa oferta para o Mes da Ciencia en galego co programa ‘Novembro Estelar’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto que acolleu o Pazo de San Roque de presentación da nova iniciativa que amplía a oferta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o Mes da Ciencia en galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello da Pobra do Caramiñal fai entrega dos premios do concurso Galeguizando TikTok

O Concello da Pobra do Caramiñal entregoulles cadanseu lote de produtos culturais por valor de 100 euros ás gañadoras do concurso Galeguizando TikTok, un certame ao que se presentaron pezas audiovisuais en galego cuxo tema principal era o Día da Patria Galega.

Fonte: Concello da Pobra do Caramiñal

A Xunta porá en marcha unha nova campaña para fomentar o uso da lingua galega nas familias

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á inauguración dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Xunta e Igaciencia organizan un webinario sobre intelixencia artificial para inaugurar o Mes da Ciencia en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do webinario sobre intelixencia artificial “Poden pensar as máquinas?”, impartido polo profesor Senén Barro, doutor en Física, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Chega o Mes da Ciencia en galego ás bibliotecas da Xunta con 40 actividades para todos os públicos

Os centros bibliotecarios xestionados pola Xunta van acoller ao longo de novembro preto de 40 actividades de divulgación científica enmarcadas na celebración do Mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Trátase dunha iniciativa do Goberno autonómico a prol do achegamento da cidadanía á literatura científica en galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Entréganse os galardóns do certame de vídeo Móvete que busca incentivar o uso da lingua galega no audiovisual

O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago anunciou as persoas gañadoras do concurso de vídeo Móvete, destinado a alumnado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega de fóra da comunidade autónoma para impulsar o uso do galego e dar a coñecer o propio ILG.  

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Xunta agradécelle ao Instituto da Lingua Galega que centre a conmemoración do seu 50 aniversario na mocidade como "semente e futuro da lingua"

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto dual que marcou o remate das actividades de conmemoración polo 50 aniversario do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta ultima o Plan de Linguas co obxectivo de consolidar o modelo plurilingüe de calidade iniciado hai unha década e que beneficia a 100 000 alumnos

A Xunta de Galicia está a ultimar a Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingue 2030, na educación en Galicia de cara aos vindeiros anos, que suporá a consolidación e o afianzamento do modelo plurilingüe implantado hai unha década nos centros de ensino e do que hoxe se benefician arredor de 100 000 alumnos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Ponse en marcha unha campaña de micromecenado para crear Campa, un novo xogo de mesa en lingua galega

Aventeira Cooperativa de Educación e Lecer puxo en marcha unha campaña de micromecenado para crear Campa, un xogo de mesa co que pretenden paliar a escaseza deste tipo de produtos de lecer en galego.

Fonte: Nós Diario

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convoca unha nova edición do seu certame de curtametraxes en galego

Este Certame de curtas ten como obxectivo promover a creación audiovisual como canle de difusión da lingua e literatura galegas. Inclúe dúas categorías, unha xeral e outra destinada aos centros de ensino.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder