Mocidade

A Fundación Antonio Fraguas convoca a XII edición do seu proxecto didáctico co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Justo Beramendi, presentaron a XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Facultade de Medicina e Odontoloxía organiza un photocall con lemas en defensa do galego

No marco da campaña de sensibilización a prol do galego ‘A boa medicina’, organizada pola Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago, púxose en marcha un photocall no que o alumnado podía posar con diferentes lemas.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O programa ‘21 días co galego e +’ pecha a súa cuarta edición cun maior impacto nas redes sociais

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no instituto IES Lucus Augusti de Lugo na clausura oficial do programa de dinamización lingüística «21 días co galego e +», que nesta cuarta edición xuntou por primeira vez 12 centros participantes, así como 394 docentes, 52 membros do persoal da administración e servizos e 3399 alumnas e alumnos de entre 8 e 18 anos, que viviron xunto ás súas familias a experiencia de falar en galego durante 21 días.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Vigo organiza un certame para premiar as reflexións prospectivas sobre o galego en 2050

O Premio A lingua galega en 2050 ten como obxectivo fomentar entre o alumnado a reflexión prospectiva sobre a situación social da lingua galega a mediados de século a partir de propostas ensaísticas, literarias ou de divulgación científica.

Fonte: Universidade de Vigo

Román Rodríguez agradece a Tanxugueiras a súa contribución á proxección internacional do galego

A Xunta de Galicia conmemorou o Día Internacional da Lingua Materna -que este ano pon o foco no uso das tecnoloxías- nun acto lúdico e didáctico dirixido ás familias e ao público máis novo celebrado na Cidade da Cultura, que contou coa participación de Tanxugueiras.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago convoca un certame de vídeos en galego sobre enxeñería informática e química

O I Concurso de vídeos sobre enxeñería informática e química ten como obxectivo fomentar o uso do galego entre o alumnado da Escola Técnica Superior de Enxeñería, para o que deberán presentar un vídeo nesta lingua dunha duración máxima de 3 minutos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Santiago convoca o II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible

Pode participar neste Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible  calquera membro da Universidade de Santiago, a través dun vídeo en galego, dun máximo de 3 minutos de duración.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta pon en marcha a undécima edición do certame ‘Lingua de namorar’

A directora xeral Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron unha nova edición do certame “Lingua de namorar”, concurso de declaracións de amor en galego para dinamizar o seu uso entre a mocidade, nas súas relacións persoais e en internet.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago organiza o concurso de vídeos en galego «Petiscos de ciencia»

Ao concurso «Petiscos de ciencia», dirixido a alumnado da ESO, de formación profesional e de bacharelato (categoría A) e calquera membro da USC (categoría B), poden presentarse vídeos en galego de entre 30 e 90 segundos sobre temas relacionados coa ciencia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O certame TED-Saúde presenta un total de 25 novos vídeos de ciencias da saúde con subtítulos en galego

Xa se coñecen as persoas gañadoras do certame TED-Saúde de 2021, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Santiago grazas á que se presentan 25 novos vídeos relacionados coas ciencias da saúde con subtítulos en galego.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder