Mocidade
Publícanse as resolucións das axudas para o fomento do galego no ensino

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou as resolucións das convocatorias de axudas, relativas ao curso escolar 2021/2022, para proxectos de fomento do galego dos centros de ensino non universitario tanto de titularidade pública como privada.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Publícase a convocatoria de prazas e bolsas de formación en diferentes centros de estudos galegos

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica dúas convocatorias para cubrir seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas das universidades do Algarve, Berlín, Padua, Río de Janeiro, Roma e Zadar; así como cinco prazas nos lectorados das universidades de Heidelberg, Kiel, Miño, Varsovia e País Vasco.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta salienta o papel dos Premios #Dígochoeu a prol de difundir o uso da lingua galega nos máis novos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu na Cidade da Cultura á entrega da primeira edición dos Premios #DígochoEu organizados pola Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e o espazo divulgativo en galego #DígochoEu, que ten como finalidade achegar a lingua galega dunha forma dinámica e entretida.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase unha nova edición do Certame Ouff Escola para fomentar o uso do galego e a creatividade audiovisual entre a mocidade

O Certame Ouff Escola, organizado polo Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, chega á súa 13ª edición. Os centros educativos participantes poderán presentar obras audiovisuais en lingua galega de ata 20 minutos de duración.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta salienta o papel do plurilingüismo para reforzar a lingua galega en todos os ámbitos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da guía da Real Academia Galega (RAG) Ideas para un plurilingüismo dende o galego no Concello de Ames, un dos proxectos levados a cabo ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Oleiros convoca a segunda edición do seu Premio TikTok para estimular a creatividade en galego entre a mocidade

Este certame ten como obxectivos estimular a creatividade da mocidade e impulsar a creación de vídeos en galego. Está destinado ao alumnado de secundaria e bacharelato, que deberá elaborar un vídeo, dunha duración máxima de 1 minuto, no que se use esta lingua, feito a través da plataforma TikTok.
Fonte: Código Cero
Chega a sexta edición de Youtubeiras, o certame que busca incrementar a comunidade creadora de contidos en galego

O festival Youtubeiras chega á súa sexta edición para encher as redes de contidos audiovisuais en galego. Recupérase, ademais, a presencialidade tras dous anos de paréntese no encontro creativo e nas xornadas en centros educativos.
Fonte: CulturaGalega
A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago acollerá contacontos en lingua de signos, inglés e galego
Ao longo do mes de xuño, esta biblioteca acollerá contacontos en galego, inglés e lingua de signos ao abeiro do programa «Os sábados, choiva de contos» destinado á rapazada de 3 a 8 anos
Fonte: Galicia Confidencial
Vigo acollerá un encontro para o intercambio lingüístico e cultural entre territorios lusófonos

A Casa da Lusofonía de Vigo acollerá o 17 de xuño Conexões, un coloquio impulsado pola mocidade de oito territorios de fala portuguesa que buscan combater o descoñecemento mutuo grazas á lingua e ao intercambio cultural.
Fonte: Nós Diario
Valentín García salienta o talento creativo en galego das novas xeracións na XIX edición do Festival de Cans

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao XIX Festival de Cine de Cans, no Porriño, que acolleu o encontro Cans do futuro, onde se proxectaron as curtas gañadoras nos premios audiovisuais REC.curta 2022, un certame que convoca Escolas Católicas co apoio da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín