Mocidade
Valentín García salienta o talento creativo en galego das novas xeracións na XIX edición do Festival de Cans

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao XIX Festival de Cine de Cans, no Porriño, que acolleu o encontro Cans do futuro, onde se proxectaron as curtas gañadoras nos premios audiovisuais REC.curta 2022, un certame que convoca Escolas Católicas co apoio da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta promove os recursos naturais e a lingua no II Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na entrega dos premios do certame promovido pola Xunta para impulsar o coñecemento da Senda Litoral de Galicia, favorecendo o uso do galego e o coñecemento dos recursos naturais e patrimoniais dos territorios polos que transcorre este itinerario de interese paisaxístico.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O colexio Virxe do Camiño de Rubiá álzase co premio do concurso-exposición das Letras Galegas 2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entregou no colexio CEIP Plurilingüe de Virxe do Camiño de Rubiá (Ourense) o premio ao traballo gañador do Concurso Exposición Letras Galegas 2022 na modalidade de ensinanza infantil e primaria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta participa na XVIII edición dos premios literarios Frei Martín Sarmiento e os audiovisuais REC.curta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) á entrega dos premios literarios Frei Martín Sarmiento, organizados pola Federación de Relixiosos do Ensino, FEREGA-CECA, máis coñecida pola marca Escolas Católicas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta entrega os premios ‘Lingua de namorar’ para a dinamización do galego entre a mocidade
O Pazo de San Roque acolleu a entrega de premios anual do certame literario en liña Lingua de namorar, impulsado polas consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Política Social, para fomentar a lingua galega nas relacións entre iguais, nomeadamente a través das tecnoloxías da comunicación, e da transmisión do afecto entre a mocidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘FalaRedes 2022’ abre cunha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a XI edición do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes 2022, que a Xunta de Galicia pon en marcha en concellos e entidades adscritos na Rede de Dinamización Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade da Coruña convoca axudas á investigación en lingua galega
Esta convocatoria de axudas está destinada ao alumnado que realice e defenda a tese de doutoramento, o traballo fin de mestrado ou o traballo fin de grao en lingua galega. As persoas interesadas recibirán, ademais da axuda económica, asesoramento lingüístico.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O luns 25 de abril finaliza o prazo para a presentación de proxectos á convocatoria do fondo de proxectos culturais ‘TeCe Redes en galego’

O prazo para presentar proxectos á convocatoria do fondo “TeCe Redes en Galego” remata o luns 25 de abril. Trátase da primeira edición deste novo repositorio de proxectos dixitais e servizos presenciais creado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Dotado cunha cantidade inicial de 500 000 euros, esta iniciativa nace co obxectivo de fornecer de materiais e actividades a través dun programa de dinamización lingüística e de transmisión xeracional dirixido a un público infantil, xuvenil e familiar.
Todas as empresas, cooperativas e profesionais do sector cultural, creativo e artístico vinculadas cos procesos de dinamización da lingua galega no desenvolvemento da súa actividade poderán presentar as súas solicitudes ata o 25 de abril a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste senso, outra novidade respecto das anteriores convocatorias é que a devandita solicitude non se presenta como tal a través do procedemento PR004A, senón que se elaborará a través da aplicación web dispoñible no Portal da Lingua Galega.
As bases completas, así como o a guía do procedemento de participación, poderán consultarse no Portal da Lingua Galega. Ademais, as persoas interesadas poderán dirixir as súas dúbidas e consultas ao teléfono 687 041 884 ou ao correo electrónico tcr-galego@xunta.gal.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Recuncho Gamer e a asociación PuntoGal colaborarán na elaboración dun glosario de termos en galego relacionados cos videoxogos

A asociación PuntoGal e Recuncho Gamer asinaron un convenio de colaboración para elaborar o Dicionario Gamer, un glosario de termos dos videoxogos no que se explicarán nun vídeo palabras relacionadas co mundo do xogos.
Fonte: Código Cero
O Concello de Vigo organiza un concurso de creación de xogos de mesa en galego

O Concello de Vigo organiza o certame "Xoga en galego", un concurso de creación de xogos de mesa en galego destinado ao público infantil e familiar para o que se establecen dúas categorías: unha para participantes a título individual ou grupos informais, e outra para grupos formais (escolas, asociacións...).
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín