Mocidade
O 30 de setembro finaliza o prazo para presentar textos en galego ao Concurso Literario Mazarelos da Universidade de Santiago
O Concurso Literario Mazarelos, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía, chega á súa oitava edición co obxectivo de fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega.
Alumnado do IES Fontem Albei da Fonsagrada rexistra o léxico propio desta zona
Ao longo do curso pasado, o alumnado deste centro de secundaria rexistrou o léxico propio desta zona e levou ao museo comarcal unha escolma das súas palabras máis queridas que están expostas nun taboleiro nunha das salas.
Fonte: El Progreso
O programa «Apego de Verán» levará a Ferrol actividades de fomento do uso e a transmisión da lingua galega

Ferrol acollerá ao longo do mes de agosto diferentes actividades gratuítas ao abeiro do programa «Apego de Verán» dirixido ao público infantil co obxectivo de fomentar o uso e a transmisión da lingua galega.
Fonte: El Español
Celébrase en Rianxo un obradoiro sobre a lingua galega no rap
A praza de Rafael Dieste de Rianxo acollerá o venres 19 de agosto un concerto-obradoiro da man de García Mc e DJ Mil cuxo espectáculo leva por título A lingua galega na música rap.
Fonte: El Correo Gallego
A Xunta de Galicia resolve os premios á innovación educativa en dinamización lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Formación Profesional resolveron a convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística. Os cinco centros públicos premiados recibirán unha dotación económica de 2000 euros.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello da Pobra do Caramiñal lanza a segunda edición do concurso Galeguizando Tik Tok
O concurso Galeguizando Tik Tok ten como obxectivo fomentar o uso do galego nas novas tecnoloxías e chegar á xente nova dunha maneira lúdica. Así, os vídeos participantes deberán estar nesta lingua, ter como temática o Día da Patria Galega e seguir o formato da app Tik Tok.
Fonte: Código Cero
Os Bolechas presentan co apoio da Xunta un novo título dedicado ao Museo do Mar de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación dun novo libro dos Bolechas que está dedicado ao Museo do Mar de Galicia e co que as crianzas poderán embarcarse dun xeito lúdico e didáctico no coñecemento da actividade mariñeira.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta programa este verán 300 actividades familiares, xuvenís e infantís co novo fondo de proxectos culturais ‘Tece Redes en galego’

A Xunta de Galicia programa este verán 300 actividades familiares, xuvenís e infantís coa campaña Tece Redes en galego, que chegará a diferentes localizacións de Galicia e dará a coñecer a lingua galega desde un punto de vista lúdico.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Resólvense os premios a curtametraxes de animación en galego «Nós tamén creamos!»

O certame «Nós tamén creamos!», impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO editora para fomentar o talento na creación de contidos audiovisuais en galego entre a xente nova, comunicou o palmarés da súa décima edición.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Vigo organiza para este verán un completo programa de contos, música e xogos en galego
O Concello de Vigo presentou unha nova edición do programa “No verán… un conto”, co obxectivo de fomentar o uso do galego no ámbito do lecer a través de actividades destinadas ao público infantil, familiar e adulto.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín