Mocidade
A Xunta entrega os premios de 'Lingua de namorar', o certame que promove as mensaxes de amor en galego entre a mocidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participaron no acto de entrega dos premios aos gañadores da duodécima edición de “Lingua de namorar”, o certame en liña impulsado pola Xunta que promove a creación de mensaxes de amor en galego entre a mocidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O IES N.º1 da Estrada entrégalle o premio IES-G á Pastelería Mimela polo seu emprego da lingua galega
O Premio IES-G chega á súa oitava edición na que recoñece o labor da Pastelería Mimela polo emprego do galego na súa actividade diaria. En concreto, o alumnado valorou o uso desta lingua na atención oral á clientela, os carteis do establecemento, as campañas publicitarias e os contidos das redes sociais.
Fonte: Faro de Vigo
A Xunta promove proxectos para fomentar o uso do galego en 858 centros cunha achega de 350 000 €

A Xunta de Galicia promove proxectos para fomentar o uso do galego durante este curso en 858 colexios e institutos sostidos con fondos públicos cunha achega de 350 000 €.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Colexio de Atín-Cela de Mos e o Instituto de Cotobade de Cerdedo-Cotobade, gañadores do V certame escolar de Podcast “O Vello dos contos”
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos V Premios de Podcast Xosé Mosquera Pérez, "O Vello dos contos". De entre os máis de 70 traballos recibidos, resultaron gañadores o Colexio de Atín-Cela de Mos e o Instituto de Cotobade, en Cerdedo-Cotobade, ambos na provincia de Pontevedra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O alumnado do IES Rafael Dieste promove a música en galego coa publicación dunha listaxe coas súas 40 cancións recomendadas
O alumnado do IES Rafael Dieste da Coruña puxo en marcha unha iniciativa para poñer en valor a música en galego, coa recomendación de 40 cancións e unha listaxe aberta de Spotify con 120 temas.
Fonte: Quincemil
A Xunta e o Instituto Camões colaborarán para certificar o nivel de portugués do alumnado galego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, avanzou que a Xunta de Galicia vai establecer unha colaboración co Instituto Camões que permita a certificación para o alumnado galego que curse lingua portuguesa no sistema educativo galego.
Fonte: Xunta de Galicia
O alumnado do IES Rafael Dieste da Coruña impulsa unha campaña para promover o uso do galego na cidade

O alumnado de 4º da ESO deste centro puxo en marca a campaña "Aquí tamén se fala galego" dirixida aos comercios da cidade coa que pretende demostrar que na Coruña si se fala esta lingua.
Fonte: Quincemil
Estréase a webserie “O gran reto” na que tres castelanfalantes deben superar o desafío de vivir 21 días en galego

A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua) estreou a webserie O gran reto, na que tres persoas castelanfalantes teñen que superar o desafío de vivir 21 días en galego e relatar a súa experiencia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Román Rodríguez subliña o papel das radios escolares para mellorar as competencias lingüísticas e de expresión oral do alumnado

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou o papel que exercen as radios escolares dos centros educativos como “espazos para a mellora das competencias lingüísticas e de expresión oral do alumnado”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago organiza o concurso ‘Petiscos de ciencia’ para achegar a investigación en galego á mocidade

A Facultade de Ciencias convoca o concurso de vídeos ‘Petiscos de ciencia’ que ten como obxectivo achegar a actividade científica á mocidade, ademais de favorecer a divulgación dos contidos científicos en galego.
Boletín
Subscríbase ao boletín