Mundo

Paraguai impulsará unha cultura bilingüe en todas as institucións do Estado

Lilian Soto, titular da Secretaría da Función Pública de Paraguai, dixo que se debe promover o bilingüismo en todas as institucións do Estado, a fin de non discriminar os que só utilizan o guaraní.

Fonte: ABC Digital

O Concello de Uruapan impulsa o rescate da lingua p'urhepecha no estado mexicano de Michoacán

O Concello de Uruapan impulsa o rescate e preservación da lingua p'urhepecha que é promovida a través dun obradoiro con valor curricular impartido en Caltzontzint como parte da extensión da Universidade Intercultural Indíxena de Michoacán.

Fonte: Quadratin

Segundo un estudo da Universidade de Toronto o Messenger non prexudica a linguaxe

Segundo un estudo da Universidade de Toronto, o Messenger non reduce a capacidade expresiva dos adolescentes, senón que é unha nova forma de expresión lingüística.

Fonte: Baquía

Os economistas cifran o valor do español nun 16 % do PIB

Ao protagonismo do español nun mundo culturalmente diverso hai que engadir a realidade económica: o español emprégase para facer negocios e é unha considerable fonte de riqueza. Un valor que economistas cifran en case o 16% do produto interior bruto da economía nacional.

Fonte: Madri+D

Un congreso lingüístico aborda en Guatemala o futuro das linguas maias

O Congreso Nacional Lingüístico foi inaugurado na Universidad de San Carlos (USAC) co obxectivo de discutir o futuro dos idiomas maias e buscar un proceso de normalización e unificación destes.

Fonte: Prensa Libre

Brasil necesitará cen mil profesores de lingua española

O embaixador de Brasil en España, José Viegas Filho, dixo que o seu país precisará cen mil profesores de español nos próximos anos como consecuencia da política de bilingüismo que implantou o Goberno do presidente Luiz Inácio Lula da Silva.

Fonte: ABC Digital

Galicia Bilingüe leva ata Estrasburgo as súas críticas á política lingüística da Xunta

A presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, e o vicepresidente desa asociación, José Manuel Pousada, reuníronse en Estrasburgo cun grupo de eurodeputados de dezaseis países para exporlles a súa oposición á política lingüística da Xunta, especialmente en materia educativa.

Fonte: La Voz de Galicia

Búscanse en Xangai guías turísticos que falen linguas estranxeiras minoritarias

Xangai está actualmente a formar guías turísticos que poidan falar linguas estranxeiras minoritarias para acompañar os visitantes da Exposición Universal de Xangai en 2010.

Fonte: Le Quotidien du Peuple

A presidenta chilena pídelle ao fundador da Wikipedia unha versión en lingua mapuche

O fundador da enciclopedia en liña Wikipedia, Jimmy Wales, manifestou que a presidenta chilena, Michelle Bachelet, lle pediu unha versión en mapudungún, a lingua ancestral falada polo pobo mapuche, etnia á que pertence máis dun millón de persoas de Chile e Arxentina. Respecto ao futuro de Wikipedia, Wales dixo que "un dos nosos obxectivos é aumentar aínda máis a fiabilidade dos nosos contidos, ser máis completos e chegar a máis persoas".

Fonte: La Opinión de Tenerife

Un estudo afirma que os idiomas xeran unha décima parte do PIB suízo

O patrimonio multilingüe proporciónalle a Suíza unha vantaxe competitiva valorada en 46.000 millóns de francos, segundo conclúe un estudo presentado en Berna. Trátase da primeira vez que se calculou o valor económico das facultades lingüísticas dun país, tal e como alega o equipo científico da Universidade de Xenebra que analizou a utilidade das linguas na economía pública.

Fonte: Swissinfo

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder