Mundo
Unha emenda quere facer o inglés oficial en Missouri
Coa emenda constitucional número un os votantes deberán elixir se queren facer que o inglés sexa a lingua oficial de Missouri. O representante estatal Brian Nieves espera que os votantes a aproben.
Fonte: Ozarks First
A Consellería de Educación valenciana convoca probas de coñecemento de valenciano en Bruxelas
A Consellería de Educación convocou, por terceiro ano consecutivo, as probas extraordinarias para a obtención dos certificados oficiais administrativos de coñecementos de valenciano que expide a Junta Qualificadora de Coneixements de Valencià que se celebrarán en Bruxelas.
Fonte: XornalGalicia
A Secretaría de Educación Pública de México admite falta de recursos para impartir lingua e cultura indíxenas
A Secretaría de Educación Pública (SEP) carece de recursos para impartir a materia de Lingua e Cultura Indíxena en secundaria, polo que con autoridades de once estados efectúa análises financeiras e operativas ao respecto.
Fonte: Milenio
Máis do 20 % dos colexios do Reino Unido ensina lingua española
O 24 % dos centros escolares do Reino Unido imparte o ensino de lingua e cultura españolas e o curso pasado introducírona no seu currículo uns 700 centros de secundaria. Ademais, as autoridades locais de Irlanda do Norte decidiron ofrecer o ensino do español en todos os colexios de primaria.
Fonte: EcoDiario
A prohibición en Ucraína de canles por cable da televisión rusa preocupa a Moscú
O viceministro de Asuntos Exteriores de Rusia, Grigori Karasin, expresou a preocupación do Goberno ruso pola decisión de Ucraína de prohibir a partir do 1 de novembro a retransmisión de canles rusas de televisión por cable.
Fonte: Terra
YouTube incorpora tradución automática aos seus subtítulos
A incorporación de subtítulos a YouTube xa é unha funcionalidade moi útil en si mesma, pero desde Google quixeron potenciar esta característica e engadíronlle o seu motor de tradución de textos para que os subtítulos aparezan traducidos automaticamente, o que amplía considerablemente o público potencial de moitos contidos.
Fonte: Código Cero
Nace "Vila", unha ferramenta informática que permite a construción de frases e a súa tradución
¿Imaxinan un programa informático capaz de construír unha frase no seu idioma, traducila e enviarlla inmediatamente a un receptor? É o que desenvolveu un grupo de enxeñeiros da Universidade de León. Chámase Vila (acrónimo de Visual Language) e é un editor que utiliza unha sintaxe universal e estandarizada que lle permite ao emisor escribir no seu idioma e ao receptor recibilo no seu, de forma inmediata e sen que teñan que coñecer as súas linguas de orixe. Basta con descargar unha sinxela aplicación a través de internet.
Fonte: La Flecha
Só o 7 % da poboación mexicana fala unha lingua indíxena
Segundo datos do Instituto Nacional de las Lenguas Indígenas (Inali), só o 7 por cento da poboación mexicana fala unha lingua indíxena, o que supón unha preocupante situación no que á preservación das linguas orixinarias se refire. É por isto que esta institución deseñou o Programa de revitalización, fortalecemento e desenvolvemento das linguas indíxenas nacionais no que se definiron os eixes das políticas que se implementarán na materia durante o período previsto ata o ano 2012.
Fonte: La Jornada
A Comisión Europea organiza un debate en Bruxelas sobre a tradución
O presidente da Comisión Europea, José Manuel Barroso, e o comisario para o Multilingüismo, Leonard Orban, invitaron a 16 coñecidos tradutores, escritores, editores e críticos literarios europeos de diferentes países a un xantar-debate sobre a tradución e a cultura, que se desenvolve o 6 de novembro en Bruxelas.
Fonte: 7th Space Interactive
Filipinas anuncia a reincorporación do español no ensino secundario
O Goberno de Filipinas anunciou a reincorporación do español no ensino secundario a partir de mediados do próximo ano, unha iniciativa que será desenvolvida coa axuda de España.
Fonte: Terra
Boletín
Subscríbase al boletín