Mundo

A diversidade lingüística do estado mexicano de Tabasco estase a perder

No mundo existen arredor de sete mil linguas. Non obstante, a maior parte delas atópase en perigo de extinción debido a que os gobernos e as políticas educativas non se preocuparon por fortalecer a diversidade cultural do país, segundo informou o director curricular da Dirección Xeral de Educación Intercultural e Bilingüe, Alonso López Mar.

Fonte: El Heraldo de Tabasco

A Comisión Europea condena o uso separatista das linguas

A Comisión Europea condena os intentos de utilizar as linguas para promover o separatismo e alenta os Estados a que adopten políticas que lles permitan aos inmigrantes coñecer a fondo os idiomas do país de recepción, segundo sinalou o comisario de Multilingüismo, Leonard Orban.

Fonte: El País

Asociacións europeas detectan un "aumento do racismo lingüístico" na UE

As entidades integrantes da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas concluíron tras a reunión do Consello Xeral celebrado a semana pasada en Polonia que "se está producindo un aumento do racismo lingüístico" nos países europeos.

Fonte: El Correo Gallego

O Comisario Europeo de Multilingüismo presenta a nova estratexia da Comisión Europea nesta materia

O Comisario Europeo de Multilingüismo, Leonard Orban, fixo pública a nova estratexia da Comisión Europea en multilingüismo. Nunha rolda de prensa, o Comisario expuxo os eixes principais do documento, que se divide en catro grandes bloques: o multilingüismo como factor de cohesión social, a relación entre prosperidade e linguas, a aprendizaxe de linguas ao longo da vida, e os medios de comunicación, as novas tecnoloxías e a tradución.

Fonte: Linguamón

Nenos indíxenas de Ecuador son obrigados a aprender castelán

O Sistema de Educación Intercultural Bilingüe (SEIB) recibe un 50 por cento menos de investimento en relación á educación regular hispana. Ademais, estímase que máis do 90 por cento da poboación indíxena en idade escolar se educa nun segundo idioma, segregando a súa lingua materna.

Fonte: dineib

A lingua portuguesa será utilizada na abertura e no debate xeral da 63.ª Asemblea Xeral da ONU

A lingua portuguesa poderá ser utilizada nas intervencións de abertura e debate xeral da 63.ª Asemblea Xeral das Nacións Unidas, unha vez que Portugal garantiu a interpretación simultánea para as seis linguas oficiais da organización.

Fonte: Jornal de Notícias

El Salvador loita pola recuperación do náhuatl

Un grupo de persoas de El Salvador, conscientes do perigo severo en que se atopa a lingua segundo a escala da Unesco, formou a organización IRIN: Iniciativa para la Recuperación del Idioma Háhuat.

Fonte: El País

A BBC inicia as emisións da súa nova canle en gaélico escocés

A BBC estreou a súa nova canle BBC Alba, que emitirá integramente en gaélico escocés, a lingua céltica propia de Escocia que falan máis de 50.000 persoas. As emisións de BBC Alba pódense seguir a través dos satélites Sky e Freesat, e incluirán un informativo diario ás oito da tarde.

Fonte: Món divers

"Lhéngua Mirandesa" é a primeira marca de viño coa etiqueta escrita nas dúas linguas oficiais de Portugal

A Cooperativa Agrícola Ribadouro (CAR), en Sendim, aposta polo mirandés para promover o viño rexional do Planalto. "O propio nome 'Lhéngua Mirandesa' xa é unha marca e quixemos asociala ao viño", segundo explica o presidente da CAR, José Luís Almendra.

Fonte: Expresso

Unhas 10000 persoas maniféstanse en Nantes pola oficialidade do bretón

Dez mil manifestantes desfilaron o pasado sábado día 20 de setembro polo centro da cidade francesa de Nantes para pedir a reunificación administrativa de cinco departamentos de Bretaña, polo dereito á expresión da cultura bretoa e pola oficialidade do bretón.

Fonte: Agence Bretagne Presse

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder