Mundo

Pídenlle á Secretaría de Educación Pública de México incluír textos nas linguas indíxenas

Para evitar que os nenos indíxenas se sintan avergonzados ou sexan discriminados por falar as súas linguas, os escritores María Jiménez e Francisco de la Cruz pedíronlle á Secretaría de Educación Pública (SEP) incluír textos en linguas nativas na educación básica.

Fonte: La Jornada

Xa está dispoñible o primeiro dicionario e vocabulario da lingua tenec, falada en México

Ediciones Café Cultura decidiu publicar un dicionario e vocabulario tenec que realizou o profesor rural, Epifanio Martínez; este esforzo, sinalan, busca fortalecer unha das linguas maternas máis importantes de México.

Fonte: Milenio

Propoñen que o qom, o wichí e o moqoit sexan linguas oficiais na provincia arxentina de Chaco

Un proxecto lexislativo propón o establecemento do qom, do wichí e do moqoit como linguas oficiais debido a que a súa existencia é anterior ao Estado chaqueño.

Fonte: Diario Norte

O 25% das linguas do mundo fálase en América

No continente americano fálanse unhas mil linguas indíxenas, que corresponden ao 25% dos idiomas de todo o mundo, aínda que moitas sofren do abandono dos seus falantes e incomprensión e discriminación, en Latinoamérica, por parte dos mestizos.

Fonte: Nuevo Diario

Celébrase en México a terceira edición do Festival de poesía: las lenguas de América

Poetas en linguas orixinarias de América como o tsotsil, náhuatl e zapoteca, así como a dulegaya, de Perú; o mapudungun, de Chile; o wayuunaiki, de Venezuela; e o maia q´anjob´al, de Guatemala, compartirán o escenario cos seus similares en lingua francesa, portuguesa, inglesa e española durante a terceira edición do “Festival de poesía: las lenguas de América”.
Este festival ten como principal propósito mostrar que as linguas orixinarias do continente americano están nun plano de equidade coas outras que chegaron máis tarde, como son a inglesa, a española, a portuguesa e a francesa.

Fonte: El Universal

Nunavut (Canadá) aproba unha lei para que a lingua inuit estea presente na sinalización e nos servizos

Nun movemento que espera transformar a vida cotiá de todas as persoas de Nunavut, os políticos do territorio votaron por unanimidade a inclusión da lingua inuit en todos os sinais e para todos os servizos.

Fonte: The Canadian Press

Os xordos de Guatemala buscan que a súa lingua sexa oficial

En Guatemala presentouse unha iniciativa de lei que busca que a lingua de signos sexa obrigatoria en todas as linguas e que se ensine os máis pequenos con discapacidade auditiva.

Fonte: El Periódico de Guatemala

O recorte orzamentario bloquea a expansión do Instituto Cervantes

O extremado axuste nos presupostos do Instituto Cervantes para o ano 2009 levou os seus responsables a adiar a apertura prevista de novas sedes como Kiev, San Petersburgo e Seúl.

Fonte: El País

O Goberno de Xibraltar di que na Rocha non se require ningún nivel de español

Peter Caruana rexeita as palabras de Carmen Caffarel nas que sinalaba a necesidade de formar a profesores ante as carencias do idioma na Rocha. Non obstante, o Goberno de Xibraltar expresou a súa satisfacción polo recente anuncio da directora do Instituto Cervantes de que a sede deste centro na Rocha comezará axiña a súa actividade.

Fonte: Europa Sur

Entidades da Catalunya Nord realizan unha convocatoria para reivindicar a oficialidade do catalán

Diversas entidades da Catalunya Nord, entre as que se atopa a Federació per a la Defensa de la Llengua i la Cultura Catalanes, a Coordinadora d'Associacions per la Llengua e o Casal Jaume I, convocaron unha manifestación para reclamar a oficialidade do idioma catalán na Catalunya Nord o próximo 8 de novembro.

Fonte: Món divers

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder