Mundo

A política lingüística de Kiev viola a Carta europea das linguas rexionais e minoritarias

A política lingüística oficial de Kiev constitúe "unha afronta á lingua rusa" e unha violación directa dos dereitos do ser humano e da Carta europea das linguas rexionais e minoritarias, declarou Viktor Ianoukovitch, líder do Parti des régions, o partido da oposición máis grande de Ucraína.

Fonte: Novosti

O 800 aniversario do nacemento de Xaime I serve para reivindicar o occitano

O 800 aniversario do nacemento de Xaime I o Conquistador viviuse na súa cidade natal de Montpellier (sueste de Francia) cunha reivindicación do occitano e dos lazos desta rexión do sueste francés con Cataluña e Valencia.

Fonte: Público

Un novo sitio de internet difunde en 130 linguas as actividades de 63 centros de información da ONU

Este portal, que agrupa unha rede de 63 centros de información repartidos por todo o mundo, difunde informacións sobre o traballo das Nacións Unidas en 130 linguas diferentes, entre as que están as seis linguas oficiais da ONU.

Fonte: Oui au breton

Os acordos que se asinen no IX Cumio Brasil-Portugal estarán na nova ortografía portuguesa

Os dous acordos que se asinen durante o IX Cumio Brasil-Portugal en Salvador da Baía estarán xa na nova ortografía da lingua portuguesa, segundo revelou á Axencia Lusa o xefe do Departamento Europa do Ministerio brasileiro de Relacións Exteriores.

Fonte: Expresso

A Academia Filipina de la Lengua Española carece de licenza

A Academia Filipina de la Lengua Española carece de licenza legal para desempeñar a súa función, o que dá mostra da situación en que se atopa a institución, que viviu unha existencia anémica desde que fora fundada, en 1924, antes do comezo do rápido declive do español no país.

Fonte: El País

Promoven o rescate das linguas orixinarias dos pobos indíxenas da rexión da Patagonia en Arxentina

Os lexisladores María Inés Maza e Facundo López solicitáronlle ao Parlamento Patagónico que inclúa no temario unha iniciativa que promove a creación do programa para o rescate das linguas orixinarias dos pobos indíxenas da rexión da Patagonia.

Fonte: ADN

Radio Francia Internacional estuda potenciar o seu servizo en español

A dirección de Radio Francia Internacional (RFI) estuda reforzar os seus servizos en español e considera pechar, por baixa audiencia, os que ofrece noutros seis idiomas: alemán, albanés, polaco, serbocroata, turco e laosiano, segundo informaron fontes sindicais.

Fonte: El Mundo

O presidente brasileiro e o primeiro ministro portugués queren promover a lingua portuguesa

O presidente brasileiro e o primeiro ministro portugués destacaron o compromiso dos dous países para que a lingua portuguesa se converta en idioma oficial das Nacións Unidas e doutras institucións internacionais.

Fonte: Portugal Diário

Unha asociación pide que o ensino da lingua maia nas escolas do estado mexicano de Quintana Roo sexa obrigatorio

Artemio Caamal Hernández, presidente da asociación Kuxa 'Ano'on, A.C., pediulles á Secretaría de Educación Pública (SEP) e á Secretaría de Educación de Quintana Roo (SEQ) facer oficial o ensino do maia nas escolas públicas así como o fan agora co inglés, pola perda da identidade cultural ante o avance dos efectos da globalización.

Fonte: INALI

Preséntase Kentika, un software en bretón para xestionar os fondos documentais

O pasado 23 de outubro presentouse en Rennes ante a prensa a versión en bretón do software de xestión documental Kentika. Este software permite a utilización simultánea da aplicación en bretón, a carón doutras seis linguas europeas.

Fonte: Office de la langue bretonne

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder