Mundo

A recuperación do yiddish divide os falantes de hebreo

O hebreo é o idioma do estado de Israel e da Biblia, pero un crecente número de xudeus en todo o mundo está reclamando o yiddish como a lingua da súa cultura, o que está a xerar un distanciamento entre os membros da extensa comunidade.

Fonte: Reuters

Ponse en marcha un modelo educativo bilingüe e intercultural para os nenos indíxenas do estado mexicano de Oaxaca

A Dirección de Educación Indíxena (DEI) e o Centro de Estudos e Desenvolvemento das Linguas Indíxenas de Oaxaca (CEDELIO), dependentes do Instituto Estatal de Educación Pública de Oaxaca, o pasado 4 de novembro iniciaron o sexto Taller para a construción curricular, que permitirá establecer as rutas de acción para a educación inicial e básica bilingüe e intercultural, como proxecto alternativo de educación para o estado, contando coa participación de 72 profesores procedentes das xefaturas de zona.

Fonte: Oaxacalifornia.com

Celébrase unha xornada de encontro na cidade mexicana de Cancún entre as linguas e culturas maia e vasca

O Centro Cultural do Colectivo Rincón Rupestre da cidade mexicana de Cancún constituíuse o pasado 31 de outubro na sede da xornada denominada "Encuentro de lenguas y culturas milenarias: Maya y Euskera". O aspecto central da citada iniciativa referiuse á lingua maia e ao éuscaro, "ambas as dúas linguas columna vertebral da identidade cultural de dous pobos que souberon encontrar a maneira de preservar as súas respectivas culturas nun mundo cada vez máis globalizado e transculturizado", segundo se comentou neste encontro.

Fonte: Euskalkultura

Un novo servizo de chat permitiralles aos usuarios de Skype traducir as mensaxes de texto do inglés ao chinés ou ao español

Moka, o principal provedor de servizos móbiles de tradución e de comunicación de idiomas, anunciou o lanzamento da súa tecnoloxía de tradución de idiomas parar Skype, que lles proporciona aos usuarios de Skype a posibilidade de chatear en inglés, español ou chinés co resto de usuarios de Skype.

Fonte: Levante-EMV

Os Reis de España inauguran en Toquio o maior Instituto Cervantes do mundo

Os Reis de España inauguraron en Toquio o maior centro do Instituto Cervantes do mundo, que conta xa con dous mil alumnos e que quere servir de plataforma para a difusión da lingua e cultura españolas en Asia e o Pacífico.

Fonte: El País

O romanche, unha lingua a piques de desaparecer

O romanche, unha lingua case descoñecida que fala o 0,5 por cento da poboación de Suíza, debátese por sobrevivir afundido nunha loita interna e enfrontado a un contexto cada vez máis globalizado. O romanche é unha lingua de orixe latina que pertence á familia das linguas reto-románicas, e que naceu e perdura no cantón alpino suízo de Grisóns, o maior do país en territorio (150 vales) pero cunha poboación de só 187.000 persoas.

Fonte: Galicia Hoxe

O 7% dos mexicanos fala unha lingua «indíxena»

Segundo datos recentemente achegados polo INALI —Instituto Nacional de las Lenguas Indígenas— o 7% da poboación mexicana fala algunha das 68 linguas —dividas en 364 variantes lingüísticas— consideradas «indíxenas».

Fonte: El Revolucionario

Establecen no estado mexicano de Iucatán o alfabeto e a gramática da lingua maia peninsular

O secretario estatal de Educación, Raúl Godoy Montañez, afirmou que se conseguiu establecer o alfabeto e a gramática da lingua maia peninsular, con miras á súa normalización.

Fonte: La Jornada

Os ministros de Cultura de Portugal e do Brasil discuten o acordo ortográfico

Axilizar a aplicación do acordo ortográfico, a creación dun portal de contido cultural e unha televisión común en lingua portuguesa foron os temas principais da xuntanza mantida en Lisboa entre os ministros de Cultura de Portugal e do Brasil.

Fonte: RTP

O ladino podería desaparecer ao cabo de dúas ou tres xeracións

Os principais especialistas no idioma xudeoespañol, o ladino, cren que este pode desaparecer como lingua falada en dúas ou tres xeracións e quedar circunscrita a ámbitos académicos.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder