Mundo
Segundo un estudo da Universidade de Toronto o Messenger non prexudica a linguaxe
Segundo un estudo da Universidade de Toronto, o Messenger non reduce a capacidade expresiva dos adolescentes, senón que é unha nova forma de expresión lingüística.
Fonte: Baquía
Os economistas cifran o valor do español nun 16 % do PIB
Ao protagonismo do español nun mundo culturalmente diverso hai que engadir a realidade económica: o español emprégase para facer negocios e é unha considerable fonte de riqueza. Un valor que economistas cifran en case o 16% do produto interior bruto da economía nacional.
Fonte: Madri+D
Un congreso lingüístico aborda en Guatemala o futuro das linguas maias
O Congreso Nacional Lingüístico foi inaugurado na Universidad de San Carlos (USAC) co obxectivo de discutir o futuro dos idiomas maias e buscar un proceso de normalización e unificación destes.
Fonte: Prensa Libre
Brasil necesitará cen mil profesores de lingua española
O embaixador de Brasil en España, José Viegas Filho, dixo que o seu país precisará cen mil profesores de español nos próximos anos como consecuencia da política de bilingüismo que implantou o Goberno do presidente Luiz Inácio Lula da Silva.
Fonte: ABC Digital
Galicia Bilingüe leva ata Estrasburgo as súas críticas á política lingüística da Xunta
A presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, e o vicepresidente desa asociación, José Manuel Pousada, reuníronse en Estrasburgo cun grupo de eurodeputados de dezaseis países para exporlles a súa oposición á política lingüística da Xunta, especialmente en materia educativa.
Fonte: La Voz de Galicia
Búscanse en Xangai guías turísticos que falen linguas estranxeiras minoritarias
Xangai está actualmente a formar guías turísticos que poidan falar linguas estranxeiras minoritarias para acompañar os visitantes da Exposición Universal de Xangai en 2010.
Fonte: Le Quotidien du Peuple
A presidenta chilena pídelle ao fundador da Wikipedia unha versión en lingua mapuche

O fundador da enciclopedia en liña Wikipedia, Jimmy Wales, manifestou que a presidenta chilena, Michelle Bachelet, lle pediu unha versión en mapudungún, a lingua ancestral falada polo pobo mapuche, etnia á que pertence máis dun millón de persoas de Chile e Arxentina. Respecto ao futuro de Wikipedia, Wales dixo que "un dos nosos obxectivos é aumentar aínda máis a fiabilidade dos nosos contidos, ser máis completos e chegar a máis persoas".
Fonte: La Opinión de Tenerife
Un estudo afirma que os idiomas xeran unha décima parte do PIB suízo
O patrimonio multilingüe proporciónalle a Suíza unha vantaxe competitiva valorada en 46.000 millóns de francos, segundo conclúe un estudo presentado en Berna. Trátase da primeira vez que se calculou o valor económico das facultades lingüísticas dun país, tal e como alega o equipo científico da Universidade de Xenebra que analizou a utilidade das linguas na economía pública.
Fonte: Swissinfo
Os alumnos da UE aprenden linguas estranxeiras cada vez máis cedo
A Comisión Europea presentou un novo estudo da Rede Eurydice sobre a aprendizaxe de linguas nas escolas europeas no que se inclúe unha panorámica do ensino das linguas, do primeiro ciclo do ensino básico ao réxime xeral do ensino secundario, nos 31 países que participan no programa comunitario "Aprendizaxe ao longo da vida".
Fonte: Barlavento
As linguas autóctonas de Sudáfrica loitan para abrirse camiño no sistema educativo
Catorce anos despois de que o réxime de segregación racial acabara en Sudáfrica, os pobos autóctonos daquel país continúan loitando polos seus dereitos culturais e lingüísticos. Os falantes dos idiomas bantús (que suman, todos xuntos, máis de tres cuartas partes da poboación total surafricana) ven como as súas linguas aínda non alcanzaron a igualdade respecto das dúas linguas de orixe europea (o inglés e o afrikaans, unha fala de base neerlandesa).
Fonte: Nationalia
Boletín
Subscríbase al boletín