Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de maio de 2019

    A Consellería de Educación e Cultura do Principado convocou unha liña de subvencións dotada con 50 000 euros para o fomento do asturiano e do galego-asturiano, coa finalidade de promover o desenvolvemento de actividades encamiñadas á normalización do seu uso social.

    Fonte: 20 minutos

    27 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Festival de Cans, Alfonso Pato, acompañaron 43 estudantes do CEIP A Xunqueira n.º 2 de Pontevedra, 25 do CPR Plurilingüe Padres Franciscanos de Lugo e outros 25 do CPR Plurilingüe María Inmaculada de Vigo na súa visita ao XVI Festival de Cans.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    27 de maio de 2019

    A Mesa pola Normalización Lingüística acaba de lanzar un videoclip, realizado polo ilustrador Miguel Robledo a partir da canción O tempo meteorolóxico de Magín Blanco e destinado ao alumnado de educación infantil, co obxectivo de potenciar o uso de vocabulario en galego neste ciclo educativo.

    Fonte: Código Cero

    24 de maio de 2019

    Unha académica da Universidade de Swansea, Gwennan Higham, critica que o colectivo de persoas refuxiadas e inmigrantes non teña as mesmas oportunidades e facilidades para aprender a lingua galesa que o inglés. Actualmente estas persoas teñen dereito a clases gratuítas de inglés pero non necesariamente de galés.

    Fonte: BBC

    24 de maio de 2019

    O compositor e escritor brasileiro Chico Buarque vence o premio máis prestixioso da lingua portuguesa: o Premio Camões 2019.

    Fonte: O Globo

    24 de maio de 2019

    O Equipo de Normalización Lingüística do IES A Sangriña presentou o documental As linguas na Guarda. (RE)construíndo a autoestima, elaborado co alumnado de 3º da ESO co obxectivo de alertar sobre a perda de falantes de galego neste concello.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de maio de 2019

    Escola Valenciana reclama que se esixa o coñecemento da lingua valenciana na función pública e que esta deixe de ser un mérito. Ademais, defenden a incorporación da plena competencia en valenciano, con carácter previo ás oposicións, a todos os traballadores e traballadoras do sector público, o que é imprescindible para mellorar a calidade na prestación de servizos públicos.

    Fonte: Valencia Plaza

    24 de maio de 2019

    A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) celebra o Día Internacional da Lingua Portuguesa na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) cunha importante variedade de manifestacións culturais.

    Fonte: SAPO24

    24 de maio de 2019

    A Universidade do Porto inaugurará o Instituto Confucio do Porto co obxectivo de achegar o estudantado ao estudo da lingua e cultura chinesas.

    Fonte: Diário de Notícias

    23 de maio de 2019

    Xa foron publicados os premios aos mellores proxectos de fin de carreira en éuscaro. Neste caso, foron uns estudantes da Escola Politécnica Superior da Unversidade de Mondragón os galardoados. 

    Fonte: Diaro Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder