Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de maio de 2019

    O 23 de maio preséntase un libro de filosofía en lingua de signos catalá nun acto que se celebrará na sede do Departamento de Cultura. Trátase do segundo libro dunha colección sobre historia da filosofía, editado pola Asociación Illescat, co apoio de distintas institucións públicas. 

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de maio de 2019

    O Consello da Cultura Galega publicou un documento coas conclusións dos XXI Encontros para a Normalización Lingüística, celebrados os días 4 e 5 de abril e que estiveron dedicados á divulgación científica en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de maio de 2019

    A Obra Cultural Balear (OCB) reclamoulles aos actuais e próximos gobernantes das illas que activen a Oficina de Dereitos Lingüísticos. Trátase dun espazo que xa estaba previsto nos orzamentos de 2018 pero que non chegou a materializarse.

    Fonte: La Vanguardia

    18 de maio de 2019

    Un investigador da Universidade de Bristol determinou que a lingua que se empregou no misterioso manuscrito Voynich do século XV é latín vulgar, o dialecto que máis tarde derivou nas linguas romances.

    Fonte: Sci News

    17 de maio de 2019

    Un novo centro de lingua galesa abrirá as súas portas no condado galés de Denbigshire co fin de formar en galés a persoas de todas as idades.

    Fonte: The Free Press

    16 de maio de 2019

    A Radio Galega emitirá o Día das Letras Galegas os podcasts dos centros premiados no I Concurso de Podcasts, convocado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para os centros educativos públicos que participan no programa Radio na Biblio ou, de non facelo, que conten con emisora de radio escolar.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de maio de 2019

    A Consellería de Cultura, Participación e Deportes do Goberno balear puxo en marcha unha acción de fomento do catalán na hostalería. A finalidade será mellorar a  sinalización de bares e restaurantes, para o que se distribuirán 35 000 adhesivos a través das asociacións de bares e restaurantes e da Dirección Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: La Vanguardia

    16 de maio de 2019

    A Fundación Puntueus, responsable do dominio web .eus, fixo un chamamento a reforzar a oferta de contidos dixitais en éuscaro, con motivo da celebración do Día de Internet. Recalcaron que a súa vitalidade dixital mellorou, xa que os contidos publicados a través dos dominios .eus son maioritariamente nesta lingua, aínda que falta presenza noutras áreas, como a audiovisual.

    Fonte: eitb

    16 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en representación da Consellería de Cultura e Turismo ao acto literario do Día das Letras Galegas da Universidade de Santiago de Compostela.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de maio de 2019

    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, presidiu a homenaxe a Antonio Fraguas na tradicional celebración do Día das Letras Galegas feita pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder