Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de maio de 2019

    O Portal da Lingua Galega, www.lingua.gal, da Consellería de Cultura e Turismo, difunde na súa sección dedicada ás Letras Galegas do ano 2019 os 12 vídeos de conversas con Antonio Fraguas pertencentes ao proxecto Antonio Fraguas, da aldea á Academia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de maio de 2019

    Nun intento por controlar o acceso á información en Internet, China prohibiu as versións lingüísticas da Wikipedia. A enciclopedia electrónica únese así a unha crecente lista de sitios web prohibidos, entre os que se encontran Facebook, Linkedin ou Google.

    Fonte: TIME

    15 de maio de 2019

    Un total de 11 comisións lingüísticas de varios países asinaron unha carta para apoiar a creación do posto de comisario/a da lingua gaélica para Irlanda do Norte.

    Fonte: Belfast Telegraph

    15 de maio de 2019

    A imaxe de Antonio Fraguas Fraguas, autor ao que a Real Academia Galega lle dedica este ano o 17 de maio, loce xa nas estacións e nos trens de Renfe para conmemorar as Letras Galegas. A Consellería de Cultura e Turismo e Renfe renovan, por terceiro ano, a súa colaboración en materia de dinamización lingüística para festexar o día grande da lingua e da cultura galegas.

    15 de maio de 2019

    Entidades locais de Navarra crearon, a través dos seus servizos de éuscaro, a páxina web 'elaide.eus', dirixida a quen queira coñecer o idioma. Trátase dunha plataforma que ofrece apoio e recursos a quen está a aprender esta lingua, co fin último de pór o éuscaro e a cultura euscalduna ao alcance das persoas interesadas.

    Fonte: Diario Vasco

    15 de maio de 2019

    O Centro de Investigación en Sociolingüística e Comunicación da Universidade de Barcelona analizou a situación do catalán eu Europa. Fíxoo a través dun artigo presentado co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística, que conclúe que o catalán é unha lingua media de Europa que presenta importantes elementos de minorización.

    Fonte: El Confidencial Autonómico

    15 de maio de 2019

    O IES María Casares de Oleiros impulsou unha iniciativa que consiste en falar galego durante 48 horas. Participaron neste reto uns 200 alumnos e alumnas do centro, que asinaron previamente un “contrato de compromiso lingüístico”.

    Fonte: Sermos Galiza

    15 de maio de 2019

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou no acto de apertura da mostra Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019 no Museo do Pobo Galego.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de maio de 2019

    Un xuíz do estado de Florida (EUA) deulle a razón a unha cidadá hispana que solicitara que a documentación electoral estivese tamén en español. A partir das eleccións primarias de 2020, a documentación deberá estar dispoñible nesta lingua.

    Fonte: CNN

    14 de maio de 2019

    Segundo informou o Secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luís Carneiro, o estudo do portugués no ensino básico e secundario dos EUA medrou significativamente nos últimos tres anos.

    Fonte: Diário de Notícias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder