Segundo datos achegados pola oficina estatística do Gran Ducado de Luxemburgo (STATEC), o portugués sería a terceira lingua máis falada nos fogares luxemburgueses. A primeira continúa a ser o luxemburgués, seguida do francés.
Fonte: Contacto
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Segundo datos achegados pola oficina estatística do Gran Ducado de Luxemburgo (STATEC), o portugués sería a terceira lingua máis falada nos fogares luxemburgueses. A primeira continúa a ser o luxemburgués, seguida do francés.
Fonte: Contacto
A Área de Éuscaro e Educación do Concello de Bilbao abriu, de novo, a convocatoria de axudas a pais, nais e monitores de tempo libre que desexen aprender o idioma. Esta subvención, que o ano pasado cubriu a 299 persoas, axudaría a aboar a aprendizaxe da lingua, dotación que se concederá en función dos criterios que se esixen nas bases.
Un total de 47 proxectos opta aos premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CNTL), a maioría iniciativas de fomento do galego dirixidas á infancia e á mocidade.
Fonte: Sermos Galiza
Este ano volve celebrarse Euspot, un concurso de anuncios en éuscaro. Nesta ocasión, presentáronse 98 traballos, 25 máis que o ano pasado. Para decidir o gañador, está xa aberto o voto popular, co que cada votante poderá elixir o anuncio que máis lle guste de entre os presentados.
Fonte: El Diario Vasco
Segundo datos do Consello da Cultura Galega, actualmente dos 313 concellos de Galicia só 52 contan cun servizo de normalización lingüística. Destes pouco máis dun terzo dispoñen de persoal funcionario ou fixo, o que se traduce en inestabilidade nestes departamentos.
Fonte: Praza Pública
A Xunta de Galicia vén de convocar unha liña de axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios para niveis non universitarios. As subvencións, cun importe total de 170 000 euros, van dirixidas a empresas do sector editorial que dispoñan dun departamento de edición na Comunidade.
Un estudo elaborado pola Universidade Nacional Australiana (ANU, polas súas siglas en inglés) revela que o clima ten unha influencia moito máis importante do que se pensaba na diversidade lingüística dunha determinada zona.
Fonte: Phys.org
Algunhas escolas do distrito escolar de Santa Clara, no Silicon Valley (EUA), ofertarán a lingua portuguesa, tal como informou o secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luís Carneiro.
Fonte: tvi24
Segundo o informe de Estratexia Galega de Acción Exterior Horizonte 2020 para a promoción do idioma, case 2000 persoas aprenden galego en 16 países estranxeiros, aos que habería que sumar arredor de 1500 que o fan en diferentes zonas de España.
Fonte: Galicia Confidencial
A empresa ferrolá Englishpanish ofreceralle á súa clientela ata finais de ano tradución gratuíta das súas páxinas web ao galego ata un máximo de 1000 palabras. Trátase dunha campaña que ten como obxectivo fomentar o uso desta lingua no ámbito dixital empresarial.
Fonte: Sermos Galiza
Subscríbase ao boletín