Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de maio de 2019

    O Departamento de Saúde da Generalitat de Catalunya foi o creador desta nova ferramenta, que se nutre de a terminoloxía cedida desde o TERMCAT. Concretamente, emprega a información recollida no Diccionari enciclopèdic de medicina, así como doutras fontes relacionadas co ámbito da saúde.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    23 de maio de 2019

    A Consellería de Cultura e Turismo, co patrocinio de Ediciones Carena, promove a poesía arredor do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2021, co I Premio de Poesía Camiño de Santiago.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    22 de maio de 2019

    O ministro de Educación de Francia, Jean-Michel Blanquer, puxo en dúbida a validez pedagóxica do sistema educativo de inmersión que se fai an diferentes linguas rexionais de Francia.

    Fonte: France Bleu 

    22 de maio de 2019

    O comisario da Lingua Irlandesa, Rónán Ó Domhnaill, volveu criticar a escasa programación en gaélico que oferta a televisión pública da República de Irlanda (RTÉ).

    Fonte: The Irish Times

    22 de maio de 2019

    Segundo a Plataforma per la Llengua, a maioría dos partidos políticos do arquipélago balear comprometeuse a adoptar total ou parcialmente as súas propuestas de cara ás eleccións do 26 de maio.

    Fonte: La Vanguardia

    22 de maio de 2019

    Co obxectivo de fomentar o uso do aragonés e a creación literaria nesta lingua nas redes sociais Facebook e Twitter, convócase a quinta edición do certame de escritura de haikus no que se poderá participar ata o 15 de xuño.

    Fonte: AraInfo

    22 de maio de 2019

    A publicación Malas linguas recolle información e recursos relacionados coas xornadas homónimas que se celebraron entre outubro do 2018 e maio de 2019, durante as cales se reflexionou e se deseñaron estratexias para activar os/as falantes do século XXI.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    22 de maio de 2019

    A lingua galega escoitouse por vez primeira desde as pantallas de cinema do Festival de Cannes na estrea da película de Oliver Laxe O que arde, coa que foi seleccionado para competir na sección Un Certain Regard, que o certame francés lle dedica a obras con olladas cinematográficas orixinais e diferentes.

    22 de maio de 2019

    A mostra Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma, promovida pola Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación institucional Letras Galegas 2019, exhíbese ata finais de maio en Cerdedo-Cotobade, municipio natalicio de Fraguas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de maio de 2019

    Francia, Reino Unido, Alemaña, Polonia, Bélxica e Estados Unidos rexeitaron a celebración na ONU dunha reunión pedida por Rusia para debater o uso do ucraíno como lingua oficial en Ucraína. 

    Fonte: Observador

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder