Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño, recibiron na praza do Obradoiro ao grupo de tres docentes e 28 estudantes de galego do IE Cañada Blanch de Londres.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de maio de 2019

    O Concello de Pamplona e a Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) asinaron un convenio para a concesión dunha subvención de 12 000 euros para a promoción do éuscaro, acordo que estará vixente ata o 31 de decembro deste ano.

    Fonte: Pamplona Actual

    13 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu, no Museo das Peregrinacións de Santiago, a 122 estudantes e 10 docentes chegados do Bierzo e Sanabria, onde estudan a lingua propia de Galicia no marco dun programa de promoción da lingua galega nestas comarcas que se desenvolve ao abeiro do Protocolo xeral de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León.

    13 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta de Galicia para a provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, participaron, xunto co alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, na apertura do ciclo cultural Un mes e pico. O Pico Sacro na cultura xacobea.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de maio de 2019

    A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o secretario xeral de política Lingüística, Valentín García, entregaron o premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas ao IES Álvaro Cunqueiro polo traballo Insuela, nun acto celebrado neste instituto vigués.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de maio de 2019

    A Xunta de Galicia vén de aceptar a doazón do Fondo Agustín Fernández Paz, que permitirá coñecer o importante legado literario e pedagóxico do escritor vilalbés finado en Vigo en 2016.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de maio de 2019

    A vila bretoa de Plougastel-Daoulas ofrece unha recompensa de 2000 euros á persoa que consiga descifrar o significado dunha estraña inscrición escrita nunha lingua descoñecida que apareceu nunha rocha bañada polo mar.

    Fonte: GEO

    10 de maio de 2019

    O escritor luso António Pedro Serrano de Sousa Correia venceu a cuarta edición do premio literario de novos talentos da Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA) pola súa obra Praças.

    Fonte: Observador

    10 de maio de 2019

    O Concello de Santiago pon en marcha a cuarta edición do #Fotolingua, un concurso que ten como obxectivo darlles visibilidade aos establecementos comerciais da cidade comprometidos co emprego da lingua galega. 

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    10 de maio de 2019

    En 2018 presentáronse 333 teses na Universidade do País Vasco, 33 das cales estaban en éuscaro. Delas, 17 obtiveron a cualificación internacional, o dobre que en 2017. Para promover a investigación nesta lingua, entréganse os Premios Koldo Mitxelena de Teses en Éuscaro, que este ano chegan á súa cuarta edición.

    Fonte: El Correo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder