O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu, no IES Lucus Augusti, ao acto de presentación do proxecto-homenaxe “Os nove anos de Fraguas en Lugo”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu, no IES Lucus Augusti, ao acto de presentación do proxecto-homenaxe “Os nove anos de Fraguas en Lugo”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O proxecto Kastanya.cat chega á súa cuarta edición e abre o prazo de inscrición ata o 31 de maio para que participen as formacións musicais que así o desexen, coa única condición de que os temas que interpreten estean en catalán ou occitano, xa que o obxectivo principal desta iniciativa é promover o uso destas dúas linguas a través da música.
Un total de 56 países do mundo, entre os que se atopa Cuba, China e Rusia, celebraron con diferentes iniciativas culturais o Día da Lingua Portuguesa e da Cultura da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: Deutsche Welle
O Ministerio de Educación de Angola defendeu a inclusión da lingüística bantú no Acordo Ortográfico promovido pola Comunidade dos países de Lingua Portuguesa (CPLP) para que a realidade da lingua deste país africano poida ser retratada nas gramáticas contemporáneas.
Fonte: África 21 Digital
O colectivo Fala Ceibe reclama o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias e o Estatuto de Autonomía de Castela e León, que recolle o respecto e a protección para o galego nos lugares onde se utiliza. Demandan, entre outras medidas, que esta lingua se oferte en todos os centros educativos do Bierzo Occidental, así como a súa oficialidade na comarca.
Arredor de 2000 persoas participaron en Palma nun acto organizado pola Obra Cultural Balear baixo o lema 'Som aquí per la llengua, la cultura i els drets cívils'.
Fonte: Cadena Ser
A VI Carreira Camiño das Letras renderalle tributo a Antonio Fraguas Fraguas, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, o propio 17 de maio na Cidade da Cultura de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á entrega dos premios literarios Frei Martín Sarmiento e REC.Curta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, Valentín García, e o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Jesús Oitavén, participaron na apertura da V Xornada do Día das Letras Galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Só un 7 % dos case 2000 alumnos e alumnas que cursan en portugués materias de ensino superior en Macau procede de países lusófonos. O alumnado é orixinario principalmente da propia China.
Fonte: Diário de Notícias
Subscríbase ao boletín