O robot Tupi, que é capaz de ensinar lingua de signos, representará a Portugal no mundial RoboCup de robótica que terá lugar en Australia.
Fonte: Público
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O robot Tupi, que é capaz de ensinar lingua de signos, representará a Portugal no mundial RoboCup de robótica que terá lugar en Australia.
Fonte: Público
O Goberno balear concederalle unha subvención de 28 500 euros á Universidade das Illas Baleares para financiar o posgrao de Experto Universitario en Dinamización Lingüística. O obxectivo deste título é formar profesionais especialistas no fomento do uso do catalán e na garantía dos dereitos lingüísticos da cidadanía.
Fonte: La Vanguardia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Daniel González, presentaron no Pazo de San Roque o informe anual de acción exterior de Galicia Nós no mundo. A lusofonía en Galicia e mais o Informe anual do IGADI 2018-2019. En rumbo de colisión.
O Concello de Pamplona aprobou unha convocatoria de subvencións dirixida a entidades sen ánimo de lucro para a realización de proxectos de promoción do éuscaro na cidade. En total destinaranse 90 000 euros, o que significa un aumento do 8,4 % con respecto ao ano anterior.
Fonte: Noticias de Navarra
A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) celebra a Semana da Lingua Portuguesa en Timor Leste con múltiples actividades de promoción lingüística e cultural.
Fonte: Diário de Notícias
A Comisión de Educación da Cámara dos Deputados do Brasil aproba unha iniciativa para debater a anulación do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.
Fonte: Público
O Concello de Noreña aprobou a súa ordenanza de utilización do asturiano, que fora anulada en xaneiro de 2018 polo Tribunal Superior de Xustiza de Asturias por conter defectos de forma, despois de que se realizasen as correspondentes correccións.
Fonte: InfoAsturies
Arranca a terceira edición das Sesións Destelo, un proxecto dixital que ten como obxectivo dar a coñecer bandas e solistas que fan música en galego. NeoRural, un tema do grupo vigués Bakarrá!, é o primeiro dos vídeos que forman parte desta nova tempada.
Fonte: Destelo
O Tribunal Constitucional anulou varios artigos da Lei de educación de Cataluña porque non se axustan á normativa estatal. Porén, declarou constitucionais os relativos ao réxime de inmersión lingüística.
Fonte: El Nacional
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación do novo espectáculo Amantes da Terra, que promoven Queiman e Pousa no marco da programación institucional das Letras Galegas 2019 xunto a Consellería de Cultura nos concellos de Vilalba, Portas e Redondela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín