Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de xaneiro de 2019

    Os pobos indíxenas do Canadá acadaron un importante avance no recoñecemento das súas linguas nativas. A partir de agora, o Parlamento do Canadá estará obrigado a ofrecer servizo de interpretación de todas aquelas intervencións que se fagan nas linguas destes pobos orixinarios.

    Fonte: The Guardian

    29 de xaneiro de 2019

    A Dirección Xeral de Política Lingüística abriu, ata o 13 de febreiro, o prazo de inscrición nas probas para obter os certificados oficiais de catalán de cinco niveis: básico, elemental, intermedio, suficiencia e superior.

    Fonte: Generalitat de Catauña

    29 de xaneiro de 2019

    A praza do Concello de Salceda da Caselas, acolleu a presentación de dous volumes, titulados Descricións e Catálogo, editados pola Deputación de Pontevedra, que recollen a tradición oral deste municipio.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    29 de xaneiro de 2019

    A Mesa pola Normalización Lingüística envioulle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia para pedirlle que se atendan as recomendacións recollidas no informe preliminar da ONU no que se denuncian vulneracións dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes.

    Fonte: Galicia Confidencial

    29 de xaneiro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, nos xardíns situados fronte á Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na celebración do Día da Galeguidade Empresarial, que este ano o Foro Enrique Peinador lle dedica ao empresario, artista e intelectual Isaac Díaz Pardo e que conta co apoio da Xunta de Galicia.

    29 de xaneiro de 2019

    O pleno do Concello de Pamplona debaterá no mes de febreiro a Ordenanza reguladora da utilización e fomento do éuscaro no Consistorio e o seu sector público institucional, na cal se definen como linguas propias da cidade o castelán e o éuscaro.

    Fonte: Noticias de Navarra

    28 de xaneiro de 2019

    O municipio de Miranda do Douro quere asinar un protocolo coa Asociación da Lingua Mirandesa para garantir a aprobación dos principios da Carta Europea das Linguas Minoritarias.

    Fonte: Público

    28 de xaneiro de 2019

    Varias asociacións de portugueses en Francia lanzarán unha campaña para cambiar a mala reputación que ten a lingua portuguesa no país galo e fomentar a súa aprendizaxe.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    28 de xaneiro de 2019

    A asociación Sortzen puxo en marcha en Navarra unha campaña de apoio á prematriculación no modelo D de inmersión lingüística en éuscaro, que consiste na organización de obradoiros e a difusión dunha revista con experiencias positivas do devandito modelo.

    Fonte: Noticias de Navarra

    28 de xaneiro de 2019

    O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña obrígalle á Generalitat a cambiar o modelo lingüístico nalgúns cursos de tres centros educativos, onde se impartirá un mínimo do 25 % de clases en castelán aos fillos das familias demandantes.  

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder