Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de abril de 2019

    O Parlamento de Ucraína aprobou unha polémica lei que garantirá o deber de toda a cidadanía do país eslavo de coñecer o idioma e o dereito a usalo en todas as esferas da vida pública.

    Fonte: The Guardian

    26 de abril de 2019

    Un estudo elaborado pola Universidade Fudan de Xangai revelou que as linguas sino-tibetanas que abranguen o 20 % dos falantes do planeta proceden dun idioma antigo falado no norte da actual China.

    Fonte: New Scientist

    25 de abril de 2019

    O Tribunal Supremo estuda unha ordenanza municipal de Lasarte-Oria que esixe o uso exclusivo do éuscaro en actividades para menores de 16 anos se estas recibiron subvencións.  

    Fonte: Cadena Ser

    25 de abril de 2019

    A Deputación de Pontevedra publicou a resolución da convocatoria de axudas destinadas aos concellos e outras entidades locais da provincia para a creación ou o mantemento de servizos de normalización lingüística, ou o desenvolvemento de programas de dinamización do galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    25 de abril de 2019

    Segundo un informe do Observatorio de Neoloxía da Universidade de Vigo, no último ano identificaron para o galego un total de 2144 novas palabras, extraídas dun corpus de análise constituído por varias publicacións en liña, o que demostra a vitalidade desta lingua, comparable á doutras como o español ou o portugués.

    Fonte: Universidade de Vigo

    25 de abril de 2019

    A Deputación de Guipúscoa quere animar a cidadanía a que presente a declaración da renda en éuscaro e pasar das 74 000 ás 100 000 liquidacións nesta lingua en 2022. Para acadar este obxectivo publicou un breve dicionario con termos técnicos que sirva de axuda nesta iniciativa.

    Fonte: Diario Vasco

    24 de abril de 2019

    O Consello de Cornualles iniciou unha nova campaña de tres anos que ten como obxectivo o incremento do uso social da lingua córnica.

    Fonte: Cornwall Live

    24 de abril de 2019

    O candidato ao Parlamento Europeo por Malta, Peter Agius, declarouse contrario ás medidas que pretenden degradar o nivel e uso da lingua maltesa en Europa.

    Fonte: Malta Today

    24 de abril de 2019

    Jessica Rodríguez Sánchez, Óscar Fernández Freire e Claudia Martínez Asenjoson son as persoas gañadoras dos tres primeiros premios, nas modalidades de adultos, xuvenil e infantil, do II Concurso de microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal co obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade galegas no mundo dixital.

    24 de abril de 2019

    Optimot inicia en Twitter unha nova edición do seu concurso de San Jordi no que lles propón aos seus seguidores que publiquen no seu perfil desta rede social dous versos pareados cun ton satírico ou humorístico que conteñan unha palabra composta en catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder