Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de xaneiro de 2019

    Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Manuel Corredoira, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, inauguraron no Pazo de San Roque a xornada formativa para profesorado pertencente a equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) “Sumando espazos, espallando lingua”.

    25 de xaneiro de 2019

    O ministro de Educación de Ghana, Matthew Opoku Prempeh, defendeu a necesidade de que o país adopte as medidas necesarias para promover o ensino e a aprendizaxe do francés co fin de desenvolver os intercambios comerciais.

    Fonte: My Joy Online

    25 de xaneiro de 2019

    O municipio de Hannover, capital do estado federado de Baixa Saxonia, converteuse no primeiro de Alemaña en introducir directrices sobre o uso da linguaxe non sexista na documentación de tipo oficial.

    Fonte: Deutsche Welle

    25 de xaneiro de 2019

    Desde a Delegación do Goberno en Cataluña proponse que os axentes da Garda Civil destinados a Cataluña reciban clases de catalán, co obxectivo de mellorar o coñecemento desta lingua e a relación deste corpo de seguridade coa cidadanía.

    Fonte: El Periódico

    25 de xaneiro de 2019

    Co gallo da celebración o 14 de febreiro do Día de San Valentín, Radio Estrada convoca a terceira edición do seu concurso de cartas de amor que ten como obxectivo fomentar a escritura en galego, tanto en prosa como en verso, e a reflexión sobre os distintos tipos de amor.

    Fonte: La Voz de Galicia

    25 de xaneiro de 2019

    Segundo os datos do Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros,  só o 4% das persoas escolle o galego como lingua de lectura. Por este motivo, a Asociación Galega de Editores (AGE) demanda políticas efectivas e transversais para fomentar a lectura neste idioma.

    Fonte: Semos Galiza

    25 de xaneiro de 2019

    A Universidade da Cidade de Dublín (DCU, polas súas siglas en inglés) ofertará a primeira carreira universitaria de Irlanda que permitirá que persoas xordas ou con discapacidade auditiva poidan acadar o título de mestres ou mestras de primaria.

    Fonte: The Journal

    25 de xaneiro de 2019

    O Goberno de Italia concederá a cidadanía unicamente a aquelas persoas que, sendo descendentes de italianos, dominen e falen con fluidez a lingua italiana.

    Fonte: Rádio Cidade

    24 de xaneiro de 2019

    A Xunta de Galicia, a través das consellerías de Cultura e Turismo e de Educación, Universidade e Formación Profesional, convoca, por medio da publicación de dúas ordes da Secretaría Xeral de Política Lingüística no Diario Oficial de Galicia (DOG), as axudas para o fomento da lingua galega no ensino, tanto para centros de titularidade pública como para centros de titularidade privada.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de xaneiro de 2019

    As axudas, convocadas pola Consellería de Cultura e Turismo, están destinadas a proxectos de fomento do galego no ensino non universitario, unha para centros públicos e outra para centros privados, durante o curso 2018/2019.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder