Sortzen celebrará en Pamplona a súa festa anual a favor da educación pública en éuscaro nesta ocasión baixo o lema 'Euskaratik guztion eskola Sortzen' (desde o éuscaro creando escola para todos e todas).
Fonte: Noticias de Navarra
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Sortzen celebrará en Pamplona a súa festa anual a favor da educación pública en éuscaro nesta ocasión baixo o lema 'Euskaratik guztion eskola Sortzen' (desde o éuscaro creando escola para todos e todas).
Fonte: Noticias de Navarra
Portugal asinou un acordo coa Universidade Nacional Timor Lorosa'a (UNTL) para reforzar a capacitación en portugués do seu Centro de Lingua Portuguesa.
Fonte: RTP
Os investimentos millonarios de China en África están creando a situación propicia para que cada vez un maior número de africanos de varios países opte por aprender a lingua chinesa.
Fonte: CNN
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu ao Auditorio Emilia Pardo Bazán da vila pontevedresa para asistir ao I Certame de Regueifas celebrado neste concello.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da xornada organizada pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e mais a Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo (UVigo) con motivo do Día das Redes Galegas. Este encontro forma parte das actividades que se desenvolven ao abeiro do convenio de colaboración entre a UVigo e a Consellería de Cultura e Turismo en materia de normalización lingüística.
Os catro novos volumes da colección Terra Nomeada, presentados pola Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica, explican a orixe e o significado de arredor de mil topónimos dos concellos de Ames, A Estrada, Trabada e mais Begonte e Rábade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Acció Cultural del País Valencià (ACPV), A Mesa pola Normalización Lingüística, CIEMEN, Iniciativa pol Asturianu, Kontseilua - Euskararen Gizarte Erakundeen, Nogará, Omnium Cultural e Plataforma per la Llengua son as oito entidades que se uniron para crear a Plataforma Estatal pola Pluralidade Lingüística, cuxo obxectivo é acabar cunha Administración central monolingüe e garantir a igualdade de dereitos no uso das linguas cooficiais.
O Concello de Portugalete concede desde 2013 axudas económicas aos establecementos comerciais que desexan colocar rótulos bilingües ou en éuscaro nos locais. Este ano poderán beneficiarse destas subvencións, ademais dos comercios, a hostalería e os servizos do municipio.
Fonte: En Portugalete
O alemán converteuse na segunda lingua máis demandada polos empresarios do Reino Unido ao subir un 11 % nas ofertas de emprego dos últimos tres anos.
Fonte: Independent
O Reino Unido continúa ofrecendo un nivel moi pobre de ensinanza de linguas na educación primaria. Proba disto é que segue dependendo do investimento doutros países europeos para ofrecer clases de linguas modernas nas escolas.
Fonte: The Guardian
Subscríbase ao boletín