Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de abril de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á rolda de prensa de presentación do inicio dos clubs de lectura que impulsan a Asociación Cultural Casino de Santiago e librerías compostelás no marco da campaña XIV Premio Casino de Santiago, que apoia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    08 de abril de 2019

    Dúas localidades do leste e o centro da Bretaña inauguraron sinalización en lingua galó. Nunha delas a iniciativa inclúe tamén paneis informativos dentro do edificio da administración local.

    Fonte: Jornalet

     

    08 de abril de 2019

    O Comité de Ministros do Consello de Europa publicou un relatorio sobre a situación das linguas minoritarias en Serbia e a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. O ente europeo recoméndalle ao país balcánico que promova o uso destes idiomas no ensino e na Administración.

    Fonte: Council of Europe

    08 de abril de 2019

    O Salón do Cómic de Barcelona acolleu a presentación das novas edicións de Las joyas de la Castafiore en galego, éuscaro, valenciano, aragonés, aranés e castúo. Coa tradución a estas linguas búscase poñer en valor a diversidade lingüística que caracteriza as obras de Hergé.

    Fonte: El Independiente

    08 de abril de 2019

    O Concello de Vitoria-Gasteiz aprobou o cuarto Plan para a normalización do uso do éuscaro, un documento que inclúe medidas para impulsar a presenza desta lingua e garantir o seu uso nas comunicacións orais e escritas que o consistorio mantén coa cidadanía. 

    Fonte: Gasteiz Hoy

    08 de abril de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou, na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC), na entrega dos premios da final galega do VII Rally Científico Matemático, que organiza a Institución Galega de Ciencia, Igaciencia, xunto á Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de abril de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asisitiu ao acto de entrega dos XIV Premios á Calidade Lingüística que convoca a Universidade de Santiago de Compostela (USC) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de abril de 2019

    O presidente da República de Francia, Emmanuel Macron, rexeitou novamente a proposta do Goberno de Córsega dunha autonomía para a illa e a cooficialidade da lingua corsa.

    Fonte: Nationalia 

    05 de abril de 2019

    O Estado francés desbloqueou unha partida orzamentaria de 100 000 euros para pór en funcionamento a Oficina Pública da Lingua Catalá na Cataluña do Norte no departamento dos Pireneos Orientais.

    Fonte: L'Independant

    05 de abril de 2019

    O obxectivo deste acordo é que o Instituto da Lingua Galega (ILG), dependente da Universidade de Santiago, siga coas súas investigacións en 2019 e 2020, entre as que se atopan un estudo sobre como cambia o uso do galego entre a xente nova ou a continuación co atlas lingüístico.

    Fonte: Galicia Confidencial

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder