Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de abril de 2019

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca por vez primeira os Premios Mil Primaveras destinados a iniciativas que poñan en valor e fomenten o galego, co obxectivo de recoñecer o traballo desenvolvido no ámbito da normalización lingüística, como actividades, proxectos ou campañas.

    Fonte: CTNL

    02 de abril de 2019

    A asociación Librezale, xunto a Iametza Interaktiboa e o laboratorio de cultura dixital e tecnoloxía de TabakaleraHirikilabs, puxo en marcha 'Auzolan digitala', un proxecto que ten como obxectivo desenvolver un sistema de código aberto para o recoñecemento de voz en éuscaro.

    Fonte: Diario Vasco

    01 de abril de 2019

    A iniciativa e-Hub do Ministerio de Educación da República de Irlanda garantirá que o alumnado de secundaria das zonas de fala galesa poida ter acceso a un currículo escolar completamente en gaélico irlandés.

    Fonte: RTÉ

    01 de abril de 2019

    O Dicionario Priberam da Lingua Portuguesa cumpriu unha década de existencia tras consolidarse como unha das fontes de busca lexicográfica máis populares do portugués.

    Fonte: Sulinformação

    01 de abril de 2019

    Segundo unha investigación, que os adestradores se comuniquen en éuscaro resulta de grande importancia para fomentar o uso desta lingua entre a mocidade. Para conseguilo, apuntan a necesidade de que os clubs xeren as condicións para que o deporte se converta nun enlace entre os hábitos lingüísticos das aulas, onde o éuscaro está moi presente, e os da rúa. 

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    01 de abril de 2019

    O festival de música en lingua galega Galegote Rock chega á súa oitava edición que se celebrará en Pontevedra do 25 ao 27 de abril con catorce concertos en diferentes escenarios da cidade.

    Fonte: Faro de Vigo

    01 de abril de 2019

    A Deputación Foral de Áraba estreará este verán, na última semana de xullo, un novo campamento de inmersión no éuscaro, para mozas e mozos de 12 e 13 anos, denominado Euskalaka, cuxo principal obxectivo será afondar nesta lingua a través da edición de vídeos e a aprendizaxe de redes sociais.

    Fonte: Noticias de Álava

    01 de abril de 2019

    A plataforma Netflix estrea a serie O sabor das margaridas, que ofrecerá na súa versión orixinal en lingua galega, así como dobrada ao español. Consta dun total de seis capítulos e está producida por CTV, Comarex e a TVG.

    Fonte: Código Cero

    01 de abril de 2019

    Toponimia de Ames é o título dun traballo do filólogo Xosé Ramón López Boullón no que analiza a orixe de 116 nomes de parroquias e lugares habitados deste concello, aos que se suman as explicacións doutros 13 topónimos.

    30 de marzo de 2019

    Unha proposta da administración Trump dos EUA prevé o peche das emisións en tres linguas minoritarias da Federación Rusa na emisora Radio Free Europe. As linguas son o tártaro, o baskir e o checheno.

    Fonte: Nationalia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder