Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de abril de 2019

    Un acordo entre Arabia Saudita e China permitirá que o país de Oriente Medio introduza o ensino do chinés en todas as etapas educativas, incluída a universitaria.

    Fonte: Gulf

    03 de abril de 2019

    Varios municipios de Biscaia puxeron en marcha un ano máis a campaña 'Nahi dudalako!', co obxectivo de animar o alumnado que cursa 4º da ESO a escoller os modelos en éuscaro en Bacharelato e Formación Profesional. A través da web da iniciativa (www.nahidudalako.eus) achegan información relativa a diferentes temas, como os centros educativos que ofrecen a oportunidade de estudar nesta lingua.

    03 de abril de 2019

    A Consellería de Cultura e Turismo convoca unha liña de subvencións destinadas á creación, mantemento ou reforzamento de servizos de normalización lingüística nas entidades locais, así como ao desenvolvemento de programas de dinamización lingüística.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    03 de abril de 2019

    O Bispado de Lleida envioulle un escrito de alegacións ao Xulgado de Primeira Instancia de Barbastro no que defende o uso do catalán no xuízo de bens histórico-artísticos de parroquias aragonesas por considerar que é unha lingua oficial en Aragón.  

    Fonte: La Vanguardia

    03 de abril de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe a Rosalía de Castro (1837-1885) e á investigadora Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda (1961-2018) organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e polo IES de Mos e celebrada na capela do Hostal dos Reis Católicos, lugar onde foi bautizada en 1837 a primeira destas mulleres.

    02 de abril de 2019

    Ademais de en español, a Universidade Nacional de Colombia publicará os contidos do seu sitio web en dúas linguas nativas de Colombia: en nasa yuwe do pobo nasa e en wayuunaiki da Guajira.

    Fuente: El Informador

    02 de abril de 2019

    O Goberno da provincia canadense de Columbia Británica informou de que o esforzo orzamentario para a revitalización das súas linguas indíxenas está dando os seus froitos. Actualmente, o 60 % das linguas indíxenas do Canadá fálase en Columbia Británica.

    Fonte: Nelson Star

    02 de abril de 2019

    Pimec, co apoio do Departamento de Cultura de Cataluña, convoca o premio Peme à Calidade Lingüística co obxectivo de fomentar o uso do catalán no sector empresarial, un recoñecemento no que poden participar pequenas e medianas empresas de calquera ámbito económico.

    Fonte: La Vanguardia

    02 de abril de 2019

    O IX Concurso de Creación Literaria conta con tres categorías: estudantes da ESO, de bacharelato e ciclos formativos. Poderanse presentar ao certame obras (relato curto ou poesía) de tema libre en lingua galega.

    Fonte: La Opinión

    02 de abril de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, asistiron ao acto de entrega da Medalla de Ouro da Provincia ao sacerdote, profesor, etnógrafo e lingüista Elixio Rivas, outorgada pola Deputación Provincial.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder