Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de marzo de 2019

    O crecente interese pola cultura e lingua tibetanas levou o Goberno da Rexión do Tíbet a lanzar unha nova aplicación para aprender tibetano. Trátase dunha iniciativa que busca protexer e promover esta lingua.

    Fonte: Global Times

    29 de marzo de 2019

    Un concelleiro do Condado de Donegal, no norte da República de Irlanda, foi obrigado a expresarse en inglés ante a negativa de facilitarlle interpretación simultánea de gaélico a inglés.

    Fonte: Highland Radio

    29 de marzo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto organizado pola Irmandade Xurídica Galega e pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e co Concello, para conmemorar a primeira sentenza en lingua galega ditada nos xulgados da vila.

    29 de marzo de 2019

    En breve aparecerá nas grandes pantallas a longametraxe SGaawaay K’uuna que foi filmada na súa totalidade en dous dialectos da lingua haida, idioma indíxena de Norteamérica que actualmente conta con tan só 20 falantes. 

    Fonte: The Guardian

    29 de marzo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación da nova antoloxía de poesía galega Arrincando marcos 2019, que sae do prelo co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da iniciativa do mesmo nome que busca dar a coñecer a poesía da Galicia actual en Portugal como medio de superar as barreiras que nos separan deste país.

    29 de marzo de 2019

    O día 6 de abril Xixón acollerá unha manifestación de apoio á oficialidade do asturiano. Por este motivo, a Xunta pola Defensa de la Llingua puxo en marcha un reto (#OficialidaChallenge) para que as redes sociais se enchan de vídeos de apoio á participación na marcha.

    Fonte: La Nueva España

    29 de marzo de 2019

    Catro concellos vascos (Lezo, Errenteria, Pasaia e Oiartzun) apoiarán a comisión de Éuscaro de Oarsoaldea na axuda que esta prestará ás oficinas de servizos (xestorías, inmobiliarias, seguros e administradores de terreos) para impulsar nelas a normalización da lingua vasca e aumentar a súa presenza.

    Fonte: Diario Vasco

    29 de marzo de 2019

    O campus de Vigo acolleu unha reunión da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, centrada na posibilidade de que a partir do vindeiro curso 2019-2020 as tres universidades conten con itinerarios en lingua galega en varios graos.

    Fonte: Universidade de Vigo

    29 de marzo de 2019

    O Concello do Grove convoca a XXVI edición do premio de novela curta en galego Manuel Lueiro Rey, un galardón dotado con 3000 euros e a publicación da obra gañadora a través da Editorial Xerais.

    Fonte: Faro de Vigo

    28 de marzo de 2019

    Tal e como estableceron as bases da sétima edición do certame de declaracións de amor en galego na rede dirixido á mocidade Lingua de namorar, Padrón acolleu o acto de entrega de premios, no que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel; e o delegado territorial, Ovidio Rodeiro.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder