O ministro do Interior de Francia, Edouard Philippe, anunciou medidas para incrementar o nivel da proba de francés para os estranxeiros que queiran optar á cidadanía.
Fonte: The Local
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ministro do Interior de Francia, Edouard Philippe, anunciou medidas para incrementar o nivel da proba de francés para os estranxeiros que queiran optar á cidadanía.
Fonte: The Local
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da nova revista Confraría da Humildade. Semana Santa 2019. 10 anos nas rúas de Compostela, unha publicación anual e gratuíta que edita a confraría compostelá por cuarto ano coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.
A cidade de Palma de Mallorca acollerá o proxecto 'Som poesia' que conta coa colaboración da área de Cultura, Patrimonio, Memoria Histórica e Política Lingüística e que ten como obxectivo promover a lingua catalá a través da poesía.
Fonte: 20 minutos
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 20 de marzo publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso do galego no Concello de Cambados, un texto que o declara idioma propio e oficial desta Administración por ser lingua propia e oficial de Galicia.
Fonte: CTNL
O Concello de Donostia e a Asociación de Hostalería de Guipúscoa poñen en marcha a campaña Erraza da que ten como obxectivo que o persoal deste sector que traballa na Zona Vella da cidade aprenda éuscaro para poder atender a clientela nesta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia celebra a xornada e a semana internacionais da francofonía co fin de fomentar a lingua francesa falada por 300 millóns de persoas dos cinco continentes.
A Comunidade de Aglomeración do País Vasco, institución administrativa do País Vasco francés, aprobou unha partida orzamentaria para a promoción da lingua occitana naquelas zonas onde esta sexa lingua vernácula.
Fonte: Nationalia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Praza de Abastos compostelá na apertura da iniciativa “Poesía a bocados”, que ten por obxectivo celebrar o Día Internacional da Poesía.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Museo do Pobo Galego a actividade “Canta, miña pedra, canta”, coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha unha nova edición do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As bibliotecas públicas de Ondarroa e Lekeitio sumáronse á campaña 'Irakurri gozatu eta oparitu', que chega á súa décimo terceira edición e que ten como obxectivo fomentar a literatura en éuscaro.
Fonte: El Correo
Subscríbase ao boletín