Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de marzo de 2019

    KantanMT anunciou no Día de San Patricio, patrón de Irlanda, que vai lanzar o primeiro tradutor automático neuronal para as combinacións lingüísticas gaélico-inglés e inglés-gaélico.

    Fonte: Slator

    18 de marzo de 2019

    A orden foral que regula o Proxecto Lingüístico de Centro establece que cada centro elabore ou actualice o seu proxecto para que este se converta nun documento básico para o fomento do multilingüismo e a mellora da calidade do sistema de ensino.

    Fonte: Noticias de Navarra

    18 de marzo de 2019

    Segundo un estudo, en Guipúscoa fálanse máis de cen linguas e habitan persoas dun total de 165 países. Ademais, resalta a importancia de recoñecer estes idiomas para que esta poboación de orixe estranxeira, que supón un 9,5 %, valore o éuscaro.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    18 de marzo de 2019

    O concurso musical “Quero Cantar” ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical na infancia e a mocidade de ata 16 anos. Solistas ou grupos participantes deberán interpretar unha composición en galego con letra e música orixinais e inéditas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de marzo de 2019

    A Asociación de Funcionarias pola Normalización Lingüística organiza unha campaña baixo o lema “Eu declaro [a renda] en galego. É lóxico. Por dereito” coa que pretenden que as persoas contribuíntes escollan o galego para presentar a declaración da renda.

    Fonte: Sermos Galiza

    18 de marzo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto organizado pola Irmandade Xurídica Galega e pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e co Concello, para conmemorar a primeira sentenza en lingua galega ditada nos xulgados da vila pontevedresa.

    18 de marzo de 2019

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación do libro gañador do X Certame de investigación Condado de Pallares, Madriñas de brazos, padriños de pía: apadriñamento e bautismo no suroeste de Lugo (séculos XVI- XIX), da historiadora Tamara González.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de marzo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse a Barcelona para participar nun acto organizado pola Agrupación Cultural Galega Saudade, en cuxa sede pronunciou a conferencia "A importancia das Letras Galegas. Antonio Fraguas".

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de marzo de 2019

    Un estudo elaborado por investigadores da Universidade de Zürich revelou que a irrupción das actividades agrícolas trouxo cambios que mudaron a linguaxe humana para sempre. O estudo quere demostrar que os cambios na dieta puideron contribuír ao uso de novos sons como o f ou o v.

    Fonte: National Geographic

    15 de marzo de 2019

    As embaixadas de Alemaña, Austria, Bélxica, Luxemburgo e Suíza celebran en cooperación cos seus respectivos consulados a Semana da Lingua Alemá no Brasil.

    Fonte: Terra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder