A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua aprobou na súa Asemblea Xeral celebrada o pasado 9 de marzo en Santiago de Compostela as liñas de acción para este ano 2019.
Fonte: CTNL
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua aprobou na súa Asemblea Xeral celebrada o pasado 9 de marzo en Santiago de Compostela as liñas de acción para este ano 2019.
Fonte: CTNL
A Deputación de Pontevedra entregará axudas para a promoción do galego a 35 concellos, sete dos cales dedicarán estas subvencións á creación ou mantemento do servizo de normalización lingüística, mentres que 28 as destinarán a programas de dinamización.
Fonte: Deputación de Pontevedra
O XXIV Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente Rosalía-Abanca O Camiño das Letras, impulsado pola Asociación Cultural Instituto Rosalía de Castro en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e co patrocinio de Abanca fará entrega dos seus galardóns a Marcos Calveiro (lingua galega), Pedro Mairal (lingua castelá) e Han Kang (lingua estranxeira) o mércores 20 de marzo, nun acto que se celebrará no auditorio compostelán Abanca.
O municipio de Gywnedd, no norte de Gales, reduciu considerablemente a partida orzamentaria destinada a centros de inmersión en lingua galesa para menores procedentes doutras zonas do Reino Unido e do estranxeiro que non dominen este idioma.
Fonte: North Wales Live
O Goberno federal do Canadá aprobará unha importante reforma da Lei de linguas oficiais cincuenta anos despois da súa primeira publicación.
Fonte: CBC
A terceira edición do certame Youtubeir@s, que busca impulsar a creación de contidos audiovisuais en galego, celebrará na Coruña algunha das súas actividades centrais, como a Xornada para Youtubeir@s e a Lista de Reprodución ao Vivo.
Fonte: Código Cero
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebra o Día da Lingua Galega no Bierzo coas XI Xornadas Frei Martín Sarmiento, dedicadas nesta ocasión aos concellos galegofalantes do Bierzo, baixo o título “Corullón: un castelo, viñas, soutos, cireixais e zoupeiros”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno catalán fomentará a lingua e a cultura aranesas en diferentes ámbitos, de maneira que esta lingua irá incorporándose progresivamente ás webs institucionais, así como aos trámites e aos servizos ofrecidos por estas. Así mesmo, incrementarase a súa presenza no ámbito sanitario ou na oferta educativa de Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
Korrika chega á súa XXI edición, que comezará en Gares o 4 de abril e finalizará en Gasteiz o 14 do mesmo mes baixo o lema Klika. Con esta iniciativa preténdese animar a poboación a falar en éuscaro e cambiar así os hábitos lingüísticos para apostar por esta lingua.
Fonte: Eitb.eus
O Instituto Estoniano anunciou para o mes de setembro a celebración da Semana Internacional da Lingua Estoniana cuxo obxectivo é estimular o ensino e a aprendizaxe desta lingua báltica para chegar aos tres millóns de falantes.
Fonte: Estonian World
Subscríbase ao boletín