A app de Twitter para Windows 10 acaba de incorporar o galego nos novos paquetes de actualizacións, xunto con outras linguas coma o éuscaro, o gaélico irlandés ou o urdú.
Fonte: Galicia Confidencial
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A app de Twitter para Windows 10 acaba de incorporar o galego nos novos paquetes de actualizacións, xunto con outras linguas coma o éuscaro, o gaélico irlandés ou o urdú.
Fonte: Galicia Confidencial
Todos os grupos políticos do Concello de Mondariz Balneario acordaron por unanimidade concederlle a Medalla de Ouro do municipio ao Foro Enrique Peinador.
Fonte: Faro de Vigo
‘Que andamos tramando?’ é unha iniciativa que ten como obxectivo fortalecer a colaboración entre o persoal investigador da Facultade de Filoloxía que traballa no ámbito da lingüística.
A Xunta, por medio dos responsables da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da Secretaría Xeral da Emigración, presentou o novo curso en liña preparatorio do nivel 3 do certificado de acreditación da lingua galega (Celga).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O estado de Novo México (EUA) aprobou unha lei para incentivar e reforzar o ensino bilingüe nas escolas públicas onde haxa alumnado que non fale inglés como primeira lingua.
Fonte: Albuquerque Journal
O Instituto de Estudos Occitanos (IEO) presentou “Las Paginas Occitanas”, un novo sitio web que informa sobre servizos en lingua occitana e entidades ou persoas que traballan ou viven nesta lingua.
Fonte: Jornalet
A web lenguasdearagon.org, impulsada pola Dirección Xeral de Política Lingüística no marco do programa "Viene-Ven", pon a disposición das persoas interesadas recursos didácticos para aprender aragonés de xeito libre e gratuíto.
Fonte: Aragón Digital
O Goberno vasco e as tres deputacións forais presentaron un novo acordo polo que aumentarán en 3,1 millóns de euros as axudas anuais destinadas a medios de comunicación en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
Segundo datos do Departamento Federal de Estatísticas de Suíza, case un 63 % dos cidadáns e cidadás do país helvético falan alemán como primeiro idioma. Porén, o número de falantes de francés, a segunda lingua materna do país, crece ano tras ano.
Fonte: Swissinfo
O Goberno do Xapón recoñeceu por medio dunha lei a minoría étnica ainu que vive principalmente no norte da illa de Hokkaido. Grazas a esta medida, poderase promover a cultura deste pobo indíxena, cuxa lingua está en risco de desaparición xa que só é falada por unhas cen persoas.
Fonte: Language Magazine
Subscríbase ao boletín