Profesorado da escola de lingua inglesa Grafton College de Dublín manifestouse no sur da capital irlandesa ante o peche inminente do centro.
Fonte: RTE
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Profesorado da escola de lingua inglesa Grafton College de Dublín manifestouse no sur da capital irlandesa ante o peche inminente do centro.
Fonte: RTE
Un estudo da Universidade de Minnesota analiza como a exposición a unha substancia química presente en certos plásticos pode estar conectada con atrasos na adquisición da linguaxe.
Fonte: Valley News
A nova plataforma web creada polo Museo Guggenheim de Bilbao, chamada Artitz, recolle un fondo documental en éuscaro con máis de 1300 documentos de 44 exposicións realizadas dende a súa apertura en 1997.
Fonte: Ser
O anteproxecto da Lei de función pública, que regula o nivel de valenciano das persoas candidatas a ocupar un posto na Administración, inclúe o requisito lingüístico para o persoal que traballa na Generalitat, agás no ámbito sanitario.
Fonte: La Vanguardia
O escritor monfortino Antón Lopo recibiu o XII Premio de Narrativa Breve Repsol, convocado pola Fundación Repsol e a Secretaría Xeral de Política Lingüística e dotado con 12 000 euros e coa publicación da obra por Galaxia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O primeiro ministro de China, o taiwanés Lai Ching-te, informou de que o Goberno de China quere que o territorio de Taiwán sexa bilingüe antes de 2030 co fin de incrementar a súa competitividade no exterior.
Fonte: Taiwan News
Un estudo elaborado pola Axencia de Investigación e Estatística de Irlanda do Norte revelou que case a metade dos falantes de gaélico irlandés ten un coñecemento básico da lingua.
Fonte: Belfast Telegraph
A sociedade pública Osatek, dependente do Departamento de Saúde do Goberno vasco, contará cun instrumento de planificación propio para o período 2018-2022 para avanzar na normalización do uso do éuscaro na sanidade vasca. O obxectivo é que se converta en lingua de traballo deste organismo e poder así garantir os dereitos lingüísticos das persoas usuarias.
A Asociación PuntoGal presentou no Culturgal a súa nova liña de colaboración con iniciativas de localización de software en galego e de recursos TIC, entre as que destaca un proxecto piloto para patrocinar a tradución e mellorar as ferramentas do navegador Firefox.
Fonte: Código Cero
O Consello das Linguas Oficiais celebrou unha reunión por vez primeira fóra de Madrid, presidida pola ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, quen apostou por garantir o dereito da cidadanía a poder empregar a lingua que desexe nas súas relacións coa Administración Xeral do Estado.
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín