Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de marzo de 2019

    O Goberno de Portugal destinará 200 mil euros á investigación en lingua portuguesa por medio dun protocolo asinado entre representantes do Goberno, a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), o Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) e o Instituto Camões.

    Fonte: SAPO

    01 de marzo de 2019

    A tese de doutoramento realizada por Isabel Corral Pérez aborda a realidade plurilingüe hispanoamericana e achega unha panorámica do recoñecemento social das linguas indíxenas desde unha perspectiva interdisciplinar.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    01 de marzo de 2019

    Un grupo de persoas do pobo yekuana que vive en terras do centro e sur de Venezuela e noroeste do Brasil axudou na produción da curtametraxe Dijaawa Wotunnöi, realizada completamente na lingua yekuana. O obxectivo é axudar a revitalizar este idioma indíxena.

    Fonte: Global Voices

    01 de marzo de 2019

    O Concello de Bilbao e a Rede de Euskaltegis da cidade poñen en marcha "Darabilbo", unha iniciativa que acolle a realización de diversas actividades e obradoiros para practicar éuscaro entre persoas adultas.

    Fonte: 20 minutos

    01 de marzo de 2019

    Un estudo realizado pola BBC confirma a forte caída do ensino das linguas estranxeiras no ensino secundario do Reino Unido. Os idiomas máis afectados por esta tendencia son o francés e o alemán.

    Fonte: BBC

    01 de marzo de 2019

    Euskarabidea convoca axudas destinadas a empresas do sector privado para impulsar plans de uso e presenza do éuscaro nos centros de traballo. Esta convocatoria, dotada cun orzamento de 80.000 euros, ten como obxectivo aumentar o emprego e a visibilización desta lingua nos lugares de traballo.

    Fonte: 20 minutos

    01 de marzo de 2019

    As persoas interesadas en aprender a lingua de signos poden realizar o curso que o Departamento de Lingüística da Universidade de São Paulo ofrece de xeito gratuíto.

    Fonte: R7

    28 de febreiro de 2019

    A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, impulsa o plan de formación en lingua galega da Xunta de Galicia. Trátase dunha acción formativa que se leva a cabo en colaboración con outras institucións (escolas oficiais de idiomas, Egap, Rede de Centros de Estudos Galegos, Rede de Dinamización Lingüística, universidades galegas etc.) que aposta polos cursos de teleformación e incorpora por primeira vez o preparatorio das probas de acreditación do Celga no seu nivel 3.

    28 de febreiro de 2019

    A Deputación de Guipúscoa aprobou unha convocatoria de axudas, cunha dotación de 1 172 715 euros, para entidades e particulares que traballan a prol do uso social do éuscaro.

    Fonte: Donostitik

    28 de febreiro de 2019

    O Festival Carballo Interplay chega á súa sexta edición que conta, entre as súas actividades, co Premio a proxectos de webserie en galego. Este galardón convócase por terceiro ano e ten unha dotación económica de 1500 euros para a proposta gañadora.

    Fonte: Código Cero

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder