Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de marzo de 2019

    De acordo cos datos proporcionados por un responsable de educación da provincia turca de Girusun, un total de 100 nenas e nenos aprenderon a lingua asubiada turca co fin de preservar este modo de comunicación nas novas xeracións.

    Fonte: Hurriyet Daily News

    11 de marzo de 2019

    A enquisa sobre o uso das TIC nos fogares do ano 2017, realizada polo Instituto de Estatística de Cataluña (Idescat), mostra un incremento no emprego do catalán en chats e foros dixitais con respecto aos datos de 2013.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    08 de marzo de 2019

    Unha nova lexislación da República de Irlanda esixiralle a un mínimo do 20 % do funcionariado ter competencias en gaélico para poder traballar no ámbito público.

    Fonte: RTE

    08 de marzo de 2019

    Unha decena de escolas de ensino secundario de Portugal e da rexión chinesa de Macau asinou un acordo de colaboración para reforzar o ensino do portugués e o chinés mandarín.

    Fonte: O Jornal Económico

    08 de marzo de 2019

    O Concello de Azkoitia abriu o prazo para que as empresas do municipio que o desexen soliciten unha subvención, dun máximo de 2000 euros anuais, para o desenvolvemento dun plan de éuscaro.

    Fonte: Diario Vasco

    08 de marzo de 2019

    Unha familia de Cornualles descubriu unha tradución ao irlandés descoñecida até agora do Canon de Medicina de Avicena. O documento do século XV, que servía de protección dunha obra posterior, revela que a medicina irlandesa da Idade Media estaba á par da europea.

    Fonte: The Guardian

    08 de marzo de 2019

    Segundo un estudo elaborado por responsables do premio internacional Man Brooker, o consumo de literatura traducida a partir de linguas diferentes ao inglés chegou a máximos históricos no Reino Unido.

    Fonte: The Guardian

    07 de marzo de 2019

    O Departamento de Cultura impulsou durante o ano 2018 a tradución ao catalán de 154 obras literarias e non literarias co obxectivo de incrementar a oferta de libros nesta lingua, mediante subvencións que outorga no marco do Plan de lectura 2020.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    07 de marzo de 2019

    A plataforma Queremos Galego e o Concello de Lugo organizaron esta protesta á que acudiron ducias de persoas para protestar contra a sentenza do Tribunal Supremo contra a ordenanza de normalización lingüística aprobada en pleno por unanimidade.

    Fonte: Sermos Galiza

    07 de marzo de 2019

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 5 de marzo de 2019 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Pazos de Borbén, un texto que declara o galego como idioma oficial desta administración.

    Fonte: CTNL

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder