Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de marzo de 2019

    O Goberno asturiano aprobou os decretos que determinan os topónimos oficiais de Oviedo, Onís e Coaña, co que na actualidade xa son 64 os municipios que teñen aprobada a toponimia tradicional.

    Fonte: 20minutos

    14 de marzo de 2019

    O II Plan de normalización do uso do éuscaro na Ertzaintza para o período 2018-2022 presentouse nun acto formal ante todas as unidades policiais. Con este plan, a policía vasca súmase aos principais obxectivos de emprego desta lingua asumidos por todos os departamentos do Goberno vasco.  

    Fonte: Noticias Press

    14 de marzo de 2019

    Esta colección de suplementos temáticos para correctores ortográficos servirá para ampliar o dicionario xeral que usan por defecto estas ferramentas e engadir terminoloxía técnica de diferentes áreas de especialidade. Polo momento están dispoñibles os dicionarios das áreas de economía e empresa e de dereito, aos que proximamente se sumará o de matemáticas, para, ao longo dos vindeiros meses, ir publicando suplementos para outros ámbitos.

    14 de marzo de 2019

    A app Egunean Behin é un xogo de preguntas en éuscaro cunhas regras moi sinxelas. A persoa usuaria pode xogar unha única partida ao día respondendo dez cuestións o máis rápido posible.  

    Fonte: Gipuzkoa Gaur

    13 de marzo de 2019

    Unha asociación de profesorado de lingua portuguesa en Francia rexeita a reforma educativa francesa que obriga a que o portugués deixe de ter validez nos exames de bacharelato. As persoas afectadas temen que isto provoque unha baixada no número de matrículas.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    13 de marzo de 2019

    A ministra de Cultura, Xuventude e Deporte de Andorra presentou a campaña "Entrena la llengua" que pretende o fomento da lingua catalá entre a xente nova que practica actividades deportivas extraescolares.

    Fonte: La Vanguardia

    13 de marzo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado de Javier Blanco, subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural, abriu a I Xornada de Interpretación da Cultura e o Turismo nas Actividades Físicas e Deportivas organizada polo IES Terra de Turonio co apoio da Consellería do Medio Rural.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de marzo de 2019

    O CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña) e o IES Álvaro Cunqueiro de Vigo (Pontevedra) fixéronse cos premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2019 que, como cada ano, convocaron a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

    13 de marzo de 2019

    O prazo para solicitar as axudas destinadas ao fomento e á difusión da lingua de signos catalá, que contan cunha dotación económica de 45 000 euros, estará aberto ata o 28 de marzo, e a elas poden optar entidades privadas sen ánimo de lucro e persoas físicas.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    13 de marzo de 2019

    O Concello de Basauri e a Casa de Cultura organizan unha nova edición do programa infantil en éuscaro Olgetan, ondo pasau!, destinado a nenas e nenos de ata 12 anos que entre os meses de marzo e xuño poderán acudir a varias actividades como obradoiros, sesións de maxia etc.

    Fonte: El Correo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder